Cadro resumo dos distintos tipos de cartas e escritos presentados
en 2005.
RESUME CORRESPONDENCIA |
Correspondencia ordinaria |
Escritos á Admón. |
Denuncias a Xulgados |
Notas de Prensa |
Outros |
TOTAL |
21 |
71 |
0 |
0 |
1 |
93 |
Informe de Situación
Durante o 2005 mantívose unha situación de baixa activida na
Delegación, destinando esforzos a actividades colectivas, como o
Paspallás ou o Atlas de Hérpetos. Moitas xestións son
desenvolvidas a través do teléfono e e-mail, aínda que un bó
número delas non quedan evidenciadas, aínda que supo en unha
inversión notable de tempo.
Non se evidenciaron cambios sustanciais na conservación do
Medio Ambiente. As costas seguen coa mesma tónica de agresións,
sendo algunha delas obxecto de atención por parte da SGHN. Existe
un lento pero continuo declive das cadeas dunares, propiciada en
parte por labores de limpeza que agreden á flora que estabiliza
as dunas. Os incendios forestais, favorecidos pola seca e os
incontables vertedoiros son factores que agreden ós montes. Como
problema costeiro importante, suli amos certa indefinición da
administración sobre o futuro do asentamento de ENCE-ELNOSA, no
que non se fala claro sobre o destino dos terreos ocupados, que a
xuicio da SGHN deben retornar ó mar, unha vez levantado o
complexo.
A comunicación cos socios, mántivose sobre todo a través do
correo electrónico, sobor de todo para comunicas xeiras
naturalistas. A relación coa prensa foi nula.
Resumo de actividades 2005
HUMEDAIS
Complexo Intermareal Umia-Ogrove.
Presentouse unha denuncia á Consellería de
Medio Ambiente polo presunto uso sen autorización formal do
aparcadoiro central do Istmo da Lanzada (O Grove) como pista de
aterraxe de ultralixeiros e molestias á fauna.
Realizouse un seguimento e novas denuncias do
estado dun vertedoiro de pneumáticos en Sanxenxo diante da
Consellería de Medio Ambiente e a Xefatura de Costas do
Ministerio de Medio Ambiente.
XEIRAS NATURALISTAS
Continuaronse as xeiras naturalistas por varias
zonas da Provincia, co doble obxectivo naturalista e recoller
datos sobre o estado e flora e fauna asociada. Comunicouse vía
e-mail a realización de dúas xeiras aínda que se fixeron máis
que se informaron directamente ós socios que habitualmente acuden
a elas.
OUTROS
- Envío dun escrito común a tódolos
concellos da provincia, solicitando unha serie de medidas
protectoras respecto ó acibo (Ilex aquifolium) e
xilbardeira (Ruscus aquleatus), así como propondo outras
medidas para recuperación de arborado do nadal. Despois de varios
anos, semella un maior interese por parte dalgúns concellos,
emitindo bandos alomenos nos Concellos de Vigo, Cambados e
Vilagarcía.
- Censos de aves invernantes en base ó
proxecto desenvolvido por Wetlands International..
- Participación nos censos de Amfibios e
Réptiles e Insectos.
|