Informe de Situación
Ambientalmente o feito máis relevante foron a vaga de
incencios forestais, nun pico cíclico e amplamente divulgado
polos medios de comunicación. Percibeuse certo cambio nalgúns
modos da administración á hora de fornecer información, como no
caso do vertido de Brenntag no río Umia (Caldas de Reis); non
obstante necesítase máis tempo para determinar se son feitos
puntuais ou unha inversión da dinámica existente.
A situación ambiental ven agravada polo incremento das obras
civís, e polo tanto da disposición dunha capacidade técnica
destructiva, unida a unha promoción social dunhas necesidades
(AVE, paseos marítimos ,sendeiros fluviais...) que non aportan
benestar e ó contrario, degradan o medio e sustraen recursos
económicos para elementos importantes como a solución dos
residuos, recuperación da costa, etc.
Dentro do carácter divulgativo, compre destacar as
exposicións e ciclos de conferencias desenvolvidos en Vilagarcía
e Pontevedra.
Resumo de actividades 2006
HUMEDAIS
Río Oliveira.
Presentáronse varios escritos para paralizar o
recheo dun tramo deste río sito no Concello de Poio, con
resultados nulos. Augas de Galicia deu autorización para o
taponamento despois de rematadas as obras.
XEIRAS NATURALISTAS
Continuaronse as xeiras naturalistas por varias
zonas da Provincia, co doble obxectivo naturalista e recoller
datos sobre o estado e flora e fauna asociada. Comunicouse vía
e-mail a realización de catro xeiras aínda que se fixeron máis
que se informaron directamente ós socios que habitualmente acuden
a elas.
EXPOSICIÓN DE HISTORIA NATURAL
Contouse basicamente con material prestado pola
Delegación de Ferrol. Informouse a tódolos centros educativos
dos concellos onde se realizou e limítrofes, comunicandolle da
disposición dun monitor gratuito para guiar a exposición.
Vilagarcía: Realizada do 13 ó 22 de outubro.
Cun ciclo de catro conferencias. En total recibíronse 1636
visitas, das que 486 corresponden a escolares e o resto a público
en xeral.
Pontevedra: Desenvolveuse do 25 de outubro ata
o 7 de novembro. cun ciclo de catro conferencias. Recibíronse 453
visitas, das que 333 corresponden a escolares e o resto a público
en xeral.
ESPACIOS NATURAIS
Denunciouse diante da Consellería de MA e a
Consellería de Cultura a construcción dunhas canles de drenaxe
nas bra as de Xestoso (LIC ES1140008) así como a posible
destrucción dun campo de mámoas.
OUTROS
- Envío dun escrito común a tódolos
concellos da provincia, solicitando unha serie de medidas
protectoras respecto ó acibo (Ilex aquifolium) e
xilbardeira (Ruscus aquleatus), así como propondo outras
medidas para recuperación de arborado do nadal.
- Suxestións á Consellería de MA polo
estructura dun observatorio ornitolóxico na Illa de Arousa
- Censos de aves invernantes en base ó
proxecto desenvolvido por Wetlands International..
- Participación nos censos de Amfibios e
Réptiles e Insectos.
|