Cadro resumo dos distintos tipos de cartas e escritos presentados
en 2007.
RESUME CORRESPONDENCIA |
Correspondencia ordinaria |
Escritos á Admón. |
Denuncias a Xulgados |
Notas de Prensa |
Outros |
TOTAL |
54 |
72 |
0 |
2 |
0 |
128 |
Informe de Situación
Ambientalmente o feito máis relevante foi a evolución da vaga
de incencios forestais do ano 2006, coa perda de solo por arrastre
pola chuvia, sen que se evidenciaran medidas efectivas por parte
da administración, que publicamente enfocouse a unha repoboación,
sen atender ó sustrato. Despois do accidente de Brenntag no río
Umia (Caldas de Reis), non se evidenciaron medidas de
recuperación do río, a efecto dos destrozos na ripisilva, nen no
control de vertidos fecais varios.
A situación ambiental segue sendo preocupante no tocante ás
obras civís, sen reflexionar sobre a necesidades reais de
poboación (por exemplo AVE versus trens de cercanías) ou obras
directamente destructivas, para calmar reindicacións mal
plantexadas, como as "actuacións sobre ríos"
consistentes no arrancado das ripisilvas e amurallado das ribeiras..
No tocante a SGHN-Pontevedra, é necesario replantexar o xeito
de abordar os temas, dada a limitación dos recursos humanos e a
posibilidade de adicar un tempo do que non se dispón.
Resumo de actividades 2007
HUMEDAIS
Río Oitabén.
Presentáronse sendos escritos por
amurallamento do río e destruccións dun tramo de ripisilva para
convertir un illote do río nunha illa amurallada nunha área
recreativa. Ningunha das partes da administración requeridas para
que deran explicacións o fixeron, polo que se lles insistirá
para que emitar unha resposta.
XEIRAS NATURALISTAS
Continuaronse as xeiras naturalistas por varias
zonas da Provincia, co doble obxectivo naturalista e recoller
datos sobre o estado e flora e fauna asociada. Comunicouse vía
e-mail a realización de dúas xeiras aínda que se fixeron máis
que se informaron directamente ós socios que habitualmente acuden
a elas.
ESPACIOS NATURAIS
Continuouse coas denuncias polas agresións nas
bra as de Xestoso (LIC ES1140008), recibindo contestación ás
mesmas. Pendente de facer seguimento para comporobar se se
restaurou a braña drenada.
Presentación de escritos e acción directa
simbólica para tratar de parar a destrucción dun dos reductos
máis importantes de Galicia de reproducción do sapi o de
esporóns (Pelobates cultripes). Recuperáronse 2.467
xuvenís que foron deitados noutras charcas coa presenza
confirmada desta especie. As obras paráronse por uns días, pero
logo continuaron ata destruir completamente a zona,
presumiblemente con fondos da administración.
OUTROS
- Envío dun escrito común a tódolos
concellos da provincia, solicitando unha serie de medidas
protectoras respecto ó acibo (Ilex aquifolium) e
xilbardeira (Ruscus aquleatus), así como propondo outras
medidas para recuperación de arborado do nadal.
- Censos de aves invernantes en base ó
proxecto desenvolvido por Wetlands International..
- Participación nos censos de Anfibios,
Réptiles e Insectos.
- Apoio ó CES na súa campa a en contra do
tiro ó pombi o na Illa da Toxa (O Grobe).
- Apoio á APDR a favor da mellora ambiental da
río de Pontevedra e o cambio de ubicación de Celulosas.
|