O ARBORADO URBÁN - podas Nesta páxina incorporamos varios exemplos gráficos de podas inadecuadas. Lamentablemente este non é un problema que se poda considerar exclusivo dun ou outro concello, estas actuacións non distinguen entre concellos, outras administracións e particulares. Está páxina compleméntase con O ARBORADO URBÁN - agresións varias O noso obxectivo é que vendo estes exemplos, comúns á meirande parte da nosa xeografía, aprendamos novos criterios de valoración estéticos que nos permitan valorar outras posibilidades. |
|||
![]() |
Árbores novas, cunha poda
innecesaria (o seu crecimento nen perxudica a outras especies, nen
reduce as vistas do lugar).
|
||
Desmoche brutal por segundo ano consecutivo. Se trataba de tres Platanus hybrida sen problemas aparentes que foron mutilados sen xustificación. É moi probable que agora escomenzara un proceso de putrefación do sistema radicular debido a que a reducción drástica da parte aérea impide alimentar adecuadamente á árbore. Co tempo aparecerán fungos e o debilitamento das raizames facilitará a caida da árbore. |
![]() |
||
![]() |
Poda agresiva con cortes de polas de ate 15 cm
de diámetro.
Isto vai provocar que se formen tecidos deformados polas cicatrices das cortas e de seguir este tipo de poda, formaranse as denominadas cabezas de gato.
|
||
![]() |
Decote practicamente total. Os Platanus hybrida desta avenida paralela ó río Lérez sofren continuas accións deste tipo, o que provocou a putrefacción e morte de moitos exemplares. | ||
Típica poda agresiva sen argumentación
técnica nen estética.
Rúa Manuel del Palacio. Pontevedra. nadal 2001. |
![]() |
||