SAÍDA
EN BARCO DO DÍA 22/03/02
RÍA
DO BARQUEIRO
O
pasado 22/03/02, organizouse a segunda saída en barco dende
a ría do Barqueiro (A Coruña-Lugo) ó obxecto de contempla-lo
paso prenupcial de aves mariñas pola costa galega. Este ano non
chegouse ó éxito do ano pasado, no que a poucos metros tivemos
ocasión de contemplar un rorcual común adulto.

Illa de Coelleira.
|
 |
Durante a
travesía vimos varias aves mariñas, fundamentalmente
mascatos (Morus basanus) en tódolos seus prumaxes,
dende primeiro ano ata adulto. |
Otras aves vistas foron o papamerda real (Stercorarius skua), gaivota patiamarela (Larus michaelis), gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus), carrán (Sterna hirundo) e gaivota escura (Larus fuscus),
Na foto intuese un Stercoraius skua |
|
|
Á volta da viaxe, paramos nunha praia próxima onde atopamos un
golfiño común morto (Delphinus delphis). Alí Juan
Ignacio da Silva ofreceunos unha pequena pero interesante
charla sobre cetáceos e a laboura que están a levar en SGHN-Ferrol
cos mamíferos mariños. |
  |
Finalmente visitamos o Museo de Historia Natual que a SGHN
ten en Ferrol, onde contemplamos algunhas das pezas e actividades
que alí desenvolvemos.
|
foca
cincenta |
|
calamar
xigante.
|
Fotos
de Luis Soto e Lois |
|