TEXTO ENVIADO ÓS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

ARBO

BAIONA

BARRO

BUEU

CALDAS DE REIS

DOZÓN-CASTRO

A ESTRADA

FORCAREI

FORNELOS DE MONTES

AGOLADA

GONDOMAR

OGROBE

A GUARDA

LALÍN

A LAMA

MARÍN

MEA¼O

MEIS

MOA¼A

MONDARIZ

MONDARIZ-BALNEARIO

MORA¼A

MOS

AS NEVES

NIGRÁN

PAZOS DE BORBEN

POIO

PONTEVEDRA

PONTEAREAS

PONTECALDELAS

PONTECESURES

O PORRI¼O

PORTAS

REDONDELA

RIBADUMIA

RODEIRO

 O ROSAL

 SALCEDA DE CASELAS

SALVATERRA DO MI¼O

 SANXENXO

SILLEDA

SOUTOMAIOR

TOMI¼O

TUI

VALGA

VIGO

VILABOA

VILA DE CRUCES

VILAGARCÍA DE AROUSA

VILANOVA DE AROUSA

ILLA DE AROUSA

Dende hai tempo adquiríuse o costume de empregar certas especies vexetais para ornamento das casas, usualmente ACIBO (Ilex aquifolium), XILBARDEIRA (Ruscus aculeatus) e outras, como piñeiros, abetos ou o brión, que cumpren importantes funcións ecolóxicas como son dar refuxio e alimento a diversas especies animais, protexer o solo, tan maltratado pola deforestación e os incendios forestais, etc.

Algunhas destas especies están protexidas pola Lei. Segundo a Orde do 10-12-84 da Xunta de galicia, o ACIBO non se pode vender libremente na nosa Comunidade, xa que precisa dunha guía que acredite a súa orixe de viveiro; tamén a XILBARDEIRA está suxeita a regulación no seu uso, ó estar recollida no Anexo V da Directiva 92/43/CEE da Unión Europea, xa que se trata dunha especie de interese comunitario.

Tendo en conta o anterior, a Sociedade Galega de Historia Natural solicítalle que, dentro das súas competencias, extreme a vixiancia en mercados e outros lugares comerciais co obxecto de controla-la venda ilegal de ACIBO e dentro das competencia que lle recoñece a Ley 7/1985 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, no seu artigo 25, f, dicte un Bando declarando protexida a XILBARDEIRA no seu concello.

Igualmente, consideramos de interese que o Concello adopte as medidas que estime procedentes para animar ós cidadáns a substituír as plantas cortadas para adorno no Nadal por árbores vivas. A recollida posterior destas árbores poderíase xestionar polo propio Concello, aproveitando as especies para o embelecemento de espacios públicos, colexios, rúas, xardíns ou, cando se trate de especies autóctonas, repoboar montes municipais ou veciñais.

En nome da Sociedade Galega de Historia Natural saudámolo atentamente.

 

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO