OPERATIVO E ACTUACIÓN DA SGHN

 

- Coordinación de voluntariado en Ferrolterra. Do 5/12/02 ó 9/12/02 mántivose un operativo de limpeza de praias con voluntarios, coordinando a SGHN o sistema de traballo, dotación de equipo e formación para desenvolve-la actividade. Rematadas estas datas o Concello de Ferrol asumiu esta labor.

- Inspección costeira.

Dende o día 17/11/02 estanse a facer continuas inspeccións sobre a costa.

a) Determinación da afectación costeira. No inicio determinouse un control de praias si/non contaminadas, despois dunha masiva afectación costeira, optouse por inspeccións en zonas concretas sobre as que a información da administración era escasa ou falsa (sempre que era posible visitalas) como o caso das Illas de Ons, Salvora, interior da Ría de Arousa, etc.

b) Recollida das aves mortas ou afectadas. Houbo e hai problemas de coordinación debido a que houbo un reparto inicial de zonas de traballo entre as asociacións ecoloxístas e naturalistas, este reparto foi alterado pola Xunta de Galicia, reasignando zonas ou otorgando prerrogativas de control arbitrarias e encaminadas a rompe-la unidade das entidades ambientalistas galegas.

No capítulo de control de praias cabe destaca-la labor de SGHN-Ferrol cunha presencia diaria en practicamente toda a costa Ártabra.

- Coredacción do manifesto NUNCA MÁIS, publicación e reparto do mesmo.

Elaboración, publicación e reparto do manifesto NUNCA MÁIS conxuntamente con ADEGA, CEMMA, SGEA e WWF/ADENA.

Reunión en Bruxelas coa Comisaria Medio Ambiente, Margot Walltröm á que se lle entregou un escrito sinado por ADEGA, CEMMA, SGEA, SGHN e WWF/ADENA, explicando a situación xerada polo vertido (copia dispoñible en e solicitando que se nos teña en conta para acompañar ós inspectores da UE cando visiten Galiza.

- Elaboración e mantemento dunha sección adicada ó "Prestige" na web da sociedade.

- Participación na manifestación "NUNCA MÁIS" celebrada en Santiago.

- Diseño, fabricación, colocación e mantemento de barreiras de protección costeria en Doniños (2), Esmelle (4), San Xurxo (2), Río Magro -Frouxeira- (1), Praia do Rodo -Pantín- (2).

- Xestión de autorización para proceder á absorción do fuel-oil ante a Delegación do Goberno e a Autoridade Portuaria de Ferrol.

- Vixiancia do sistema dunar en Ferrolterra, Arousa norte e entrerías Arousa e Pontevedra. Elaboración de informes e escritos á administración en relación coa conservación da vexetación dunar e o propio horizonte dunar.