CANALIZACIÓN DO RÍO VALGA
(Concello de Valga-Pontevedra)
A conservación dos ríos está cada vez más comprometida por proxectos que co pretexto de evitar problemas, crean outros novos sen garanti-la solución dos existentes. | ||
![]() |
A Xunta de Galicia pretende canalizar varios tramos do río Valga. A SGHN presentou varias alegacións (.pdf, 88 Kb) a este proxecto por considerar que o proxecto non é necesario nas dimensións que se propón, xa que os problemas de asolagamento son puntuais nalgúns anos e afectan só colateralmente a algunhas vivendas e as propostas feitas pola Xunta son desproporcionadas no custe e na actuación, sen garantir unha solución. | |
Mapa simplificado da situación do proxecto |
||
Aportamos unha breve relación cronolóxica das xestións desenvolvidas ata o momento |
||
07/12/00 | Solicítase á Consellería de Medio Ambiente copia do informe realizado por esta sobre como afectaría a canalización ó río ( a 20/12/01 sen contestar) | |
07/12/00 | Solicítase á Consellería de Cultura acceso ós datos sobre xacementos arqueolóxicos da zona (contestada afirmativamente) | |
11/01/01 | Publícase no DOGA a Resolución de 30/03/01 pola que se somete a información pública o proxecto denominado Solucións ós problemas de asolagamento do Concello de Valga (Pontevedra) e mailo seu estudio ambiental. | |
28/04/01 | Solicitanse ó Concello de Valga autorización para acceder ós documentos do proxecto que están en exposición pública. | |
05/05/01 | Solicítase á Consellería de Presidencia a anulación do proceso de exposición pública do proxecto de canalización do río Valga debido ás irregularidades detectadas. | |
05/05/01 | Solicítase á Consellería de Ordenación do Territorio a anulación do proceso de exposición pública do proxecto de canalización do río Valga debido ás irregularidades detectadas. | |
09/05/01 | Solicitase ó Ministerio de Fomento (Demarcación de estradas) posicionamento sobre a canalización dado que se pretende usar a N-550 como dique. (sen contestar) | |
09/05/01 | Solicítase á Dirección Xeral de Obras Públicas da CPTOPV a súa opinión sobre a modificación da C-550 ó seu paso sobre o río Valga, orixinado un cambio de rasante nunha rectaproxecto canle río Valga | |
22/05/01 | Alegación (.pdf, 88 Kb) ó proxecto da Xunta para canalizar o río Valga. | |
31/05/01 | Escrito a RENFE solicitando a súa opinión sobre a pretensión se aproveitar a vía férrea como barreira de contención de augas. | |
4/08/01 | Solícitase amparo ó Valedor do Pobo ante a falta de contestación das distintas estamentos da adminitración implicados na canalización do río Valga. Non se ten recibido resposta de ninguén sobre a solicitude de paralización do proxecto en base as irregularidades administrativas. | |
28/01/02 | Contestación
do Valedor do Pobo indicando que:
- Reclaman de novo a Augas de Galicia información urxente sobre por que non expuso a documentación onde era preceptivo e aclare se respondeu ós escritos da SGHN. - Lembra a obriga de expor a documentación sobre o proxecto dende o primeiro día. |
|
09/02/02 | - Información complementaria ó Valedor do Pobo, indicando a falsedade dos datos indicados po AUGAS DE GALICIA (lugares onde se expuso a documentación) e que o Concello de Valga non respondeu en ningún intre ó escrito da SGHN. | |
27/04/02 | Recíbese escrito de AUGAS DE GALICIA indicando a súa postura e que entenden que un período de alegacións públicas non se abre ata que se publica o último dos anuncios preceptivos. | |
06/11/02 | Escrito á CPTOPV solicitando que se informe se o orzamento do proxecto será a cargo en todo ou parte a fondos da Unión Europea | |
06/11/02 | Escrito á Consellería de MA solicitando copia do informe da citada Consellería que se indica como positivo na "Declaración de efectos ambientais" na Resolución do 20/06/02. | |
06/11/02 | Escrito ó Valedor do Pobo, indicando que a SGHN detectou dous informes contradictorios da CMA. Na resolución do 29/06/02 coa Declaración de Efectos Ambientais do Proxecto, indícase que a CMA informa favorablemente. A SGHN dispón dun documento na que a CMA informa desfavorablemente. | |
2/12/02 | No pleno do Concello de Valga, o partido governante (PP) presenta unha moción pedindo que se aceleren as obras. | |
04/12/02 | O Valedor do Pobo acepta a trámite a queixa presentada pola SGHN en data 06/11/02. | |
04/01/03 | A CPTOPV informa que o expte. o xestiona Augas de Galicia e que foi transferido á Consellería de Medio Ambiente. | |
05/02/03 | Preséntase perante o Valedor do Pobo unha queixa por non recibir contestación da Consellería de MA sobre o presuposto da obra. | |
26/02/03 | A CMA informa que para dar copia do expediente débense pagar os gastos das fotocopias. | |
15/03/03 | Realízase o pago de taxas en enviase copia á Consellería de MA | |
22/03/03 | O Valedor do Pobo informa que insisten á CMA para que lles contesten pola queixa 2204/01 | |
26/03/03 | Valedor do Pobo informa que reciben contestación do CMA en relación á queixa por informes contradictorios na CMA. Como a información achegada pola CMA non é clara, piden unha ampliación da información.(1537) | |
26/04/03 | Valedor do Pobo informa que insisten á CMA para que lles contesten pola queixa 2204/01 | |
26/04/04 | Valedor do Pobo informa que insisten á CMA para que lles contesten pola ampliación da queixa 1537/01 | |
21/06/03 | Valedor do Pobo informa que insisten á CMA para que lles contesten pola queixa 2204/01 | |
28/07/03 | Valedor do Pobo informa que reciben contestación do CMA en relación á queixa por informes contradictorios na CMA. Esta informa que o documento da Delegación Provincial de MA non é vinculante para eles.(1537) | |
27/10/03 | Pídese ó Concello de Valga que certifique que áreas deste concello están catalogadas como urbanas. | |
10/12/03 | Envíanse ó Valedor do Pobo novos datos sobre as queixas presentadas. | |