CABANILLAS
ALMA NACIONAL
¡Alma nacional e
ardente
canta anque che custe bágoas!
¡Teus cantares son semente!
¡Astra que os ladróns
enxorden
entre as cantigas que bican
pon as que feren e morden!
Está cativa a roseira,
mais, despois de tanto inverno...
¡Galicia ha ter primaveira!
¡Xa sei, xa sei que fan
falla
moitas fouces, moitos mistos
e moitos feixes de palla!
¡Axiña esperta Galicia
que xa se escupe ós caciques
e fai ruxi-la inxusticia!
¡Xa o novo día alumea!
¡Xa a Sociedá dos labregos
ten choza de seu na aldea!
¡A noite é fría e
escura
pro, ó fin, o amañecer
tráenos co sol a quentura!
¡Patriano, o meu rogo
escoita!
¡Eu quero un posto á túa beira
o roxo día da loita!
(de No desterro,
1913)
