Chamada ós pobos montañeses do Cantábrico e Pirineos


Condenadxs de por vida á escravitude asalariada, xs últimxs montañesxs do Cantábrico e o Pirineo vagamos con desesperanza entre plantacións de piñeiro e eucalipto. Pouco queda do que foi e menos quedará se siguen así as cousas. Estradas, autopistas, trens de alta velocidade, pantanos, aeroportos, canteiras, fábricas, liñas de alta tensión, antenas, parques eólicos...a paisaxe esta a mutar e con ela as nosas propias vidas.

Os pobos xa non son pobos, senon unha masa de edificios, chalets adosados, semáforos e estradas. Os cultivos xa non están destinados á autosuficiencia alimentaria, senon a súa venta no mercado industrial que invade as millores terras con polígonos e edificios. A artesanía e os oficios deixaron paso a calquer absurdo traballo que nos reporte algún beneficio económico co que paliar o endeudamento ó que nos someten as nosas posesións. E a nosa felicidade parece estar mediatizada polo automóvil e a televisión, auténticos novos ídolos desta sociedade ferida e enferma.

Fixéronnos crer, ou creímonos, que “progreso da humanidade” é sinónimo de “adelantos técnicos” e que éste é o único camiño polo que a sociedade avanza pero, ¿Cara onde avanzamos? Avanzamos cara un mundo gris e contaminado, no que a natureza foi relegada a mera materia prima ca que sacia-las necesidades deste monstro industrial.

A ésta fin contribuimos nós mesmxs mentras sigamos desenrolando esquemas antropocentristas (o ser humán como centro e motor do mundo) e materialistas (bens-posesións-propiedade privada) e, por suposto, mentres sigamos nadando a favor da corrente social pra evitar un sufrimento engadido.

A xente que vive neste planeta necesita romper ca estreita idea da liberación humán e comezar a considera-la liberación como algo que se ten que extender a todo o mundo natural. É necesaria a liberación de tódalas cousas que sustentan a vida (o ar, as augas, as árbores...) tódalas cousas que sustentan a rede sagrada da vida.

É de vital importancia que nos demos conta do momento no que vivimos. Nunca na historia deste planeta o ar foi tan tóxico, nen os alimentos canceríxenos, nen as augas estiveron tan contaminadas. Temos que nos dar conta de que todxs formamos parte dun mesmo ser e que a súa destrucción implica por lóxica a nosa propia. Sen embargo, seguimos crendo (na nosa ignorancia) que todo é domable e modificable e que algún día a terra funcionará a pilas.

Haise que preparar pra os grandes e traumáticos cambios que se aveciñan. A marea negra que intoxica o Cantábrico non é máis que un aviso, unha chamada á porta dxs despistadxs. De aquí en adiante os desastres ecolóxicos e as catástrofes medioambientais sucederánse de forma vertexinosa, pois o sistema chegou a un punto de non retorno na súa crecente necesidade de expolia-lo planeta. A sociedade humán xa sufre, sufrirá inda máis e as grandes penurias do chamado “terceiro mundo” comezaranse a expandir tamén polos “países desenrolados”. Os donos do mundo sábeno e por iso nos apretan as tuercas. E moito máis que nos apretarán.

A “sociedade do benestar” está a dar os seus últimos coletazos e temos que estar atentxs cando revente. Respiremos fondo e abramo-los ollos

publicado en L’Astral
pueblofonte@hotmail.com