A Cor Negra do Petróleo


O 2002 foi o ano do petróleo

Partindo de Galicia onde as costas están enfangadas no "chapapote" (mezcla de petróleo, algas e outras cousas) e as conciencias en peticiós que reforzan o sistema de dependencia da tecnoloxía industrial. "Nunca mais" é o nome da plataforma de reivindicaciós dalgúns neo-estatalistas. Nunca se estuvo mais lonxe dunha vía de escape da sociedade industrial.
Pasando polo deserto arxelino, do que se extrae, ademais do ouro negro, o apoio dos gobernos occidentais á brutal burocracia militar, e tamén a docilidade d@s intelectuais e da prensa, list@s pra calumniar a revolta cabilia ou, mais eficazmente, a enterrala baixo o clamor das celebraciós polo que en Francia se chamou "o ano de Arxelia" e a visita do presidente Chirac a Arxel.
Proseguindo por Porto Marghera, onde hai "fume", como tamén hai todo tipo de enfermedades, "e a rabia" desgraciadamente falta, a de rebelarse contra unha actividade que produce non sólo riscos prá saúde de quen a exerce, senon tamén todo un mundo hostil ó propio traballador: ¿Poderase comer en paz os espaguetis con ameixas e a súa tasa de dioxinas vinte veces superior (tasas comprobadas na laguna de Venecia) á recomendada pola OMS?
A nosa viaxe acaba en Italia, entre o cubo da basura e as imaxes da guerra en Irak. Porque, se a guerra moderna é tan espeluznante, ca fin da distinción entre militares e civís, e tamén entre inimigos e aliados (víctimas da guerra do ´91 non o foron menos os soldados americanos, que fixeron de cobaias nun exemplar estudio epidemiolóxico titulado "síndrome do Golfo") e cas súas masacres en masa, o é por unha sola e única razón: apóiase sobre unha industria moderna do armamento, nuclear e química.
A guerra aliméntase da sociedade industrial nun círculo vicioso: a guerra moderna é fruto da tecnoloxía industrial, a cal crece con ocasión das invenciós en tempo de guerra: non hai nuclear sen Hiroshima, non hai Internet sen Pentágono.
Pero este círculo apóiase a súa vez sobre o consentimiento tácito do cidadán moderno e a súa desmesurada irresponsabilidade: a súa basura está chea de pratos de plástico. É polo tanto inútil e dañino disociar a guerra en Irak co noso modo de vida. Doutro modo o non á guerra serviría pra xustificar unha paz que é outra guerra, a declarada dende fai dous séculos ó home pola industria, que está vencendo gracias ós cánceres, á violencia do traballo asalariado, ós desastres ecolóxicos, ás novas alienaciós, ata a última victoria: a adaptación total do home os seus productos.
Por esta simple razón quen denuncia "a guerra do petróleo" sen denunciar o consumo a gran escala do petróleo, e a organización social que o fai necesario, ten na boca o cadáver dunha víctima dun accidente de estrada; quen o fai sen denunciar o desastre económico e político que supón fatalmente o descubrimento de petróleo (como calquer outra materia prima de exportación) en calquer país, ten na boca o cadáver dun rebelde cabilio (ou un cocalero colombiano...); quen o fai sen denunciar a alta nocividade do petróleo, ten na boca o tumor dun traballador do vinilo.
Por canto nos concerne, non temos necesidade de todo isto pra ter ganas de vomitar: bástanos o disgusto pola supervivencia imposta polo sistema actual. E, pra denunciar a guerra, denunciamos o que a produce, inspirándonos nas loitas que fai dous séculos emprenderon os ludditas, porque viran os perigos do "progreso" técnico e actuaron en consecuencia.
Debemos mostrar o verdadeiro rostro da democracia mercantil: a represión da contestación baixo o circo da oposición: a violencia cotián baixo o benestar dos psicofármacos, a miseria baixo a eficacia económica.

Asociación Contra o Ruinoso Avance da Tecnoloxía Industrial
Bologna, 25 de marzo 2003 - Pra contacto: acrati@yahoo.it