Cando 2 + 2 son 4


Ou como o fanatismo relixioso se opón á razón primitiva

· Autor: Colectivo Re-Evolución!

· Publicado en: www.anticivilización.tk

Pra moita xente o anarco-primitivismo é unha completa insensatez. Certamente os nomes que utilizamos “anarcoprimitivistas” ou “anticivilización” non é que vendan moi ben. O de “anarquía verde” non é moito millor. Moita xente, acostumada á ideoloxía da televisión, ó ve-la nosa tarxeta de presentación nestes nomes invéntanse o que queremos dicir, falsas representacións do que somos e pensamos, e quedan tan tranquilos sen intentar profundizar no conxunto de ideas e ramas do pensamento anticivilización. Táchannos de querer “voltar ás cavernas”, cousa que xamais dixemos nen queremos, e nas súas mentes parecen ter a visión da prehistoria como a dos dibuxos animados das factorías de espectáculo yanquis, onde o simiesco home barbudo, garrote na man, arrastra polos pelos á muller; ou en contra da nosa “manía antitecnolóxica” sosteñen a visión relixiosa dun “Paraíso na Terra” racionalmente ordeado, resplandecentemente branco, pulcro metal, sen rugosidades, hixiénicamente desinfectado por químicos e aclimatado por máquinas, rebosante de mercancías pra “facilita-la vida” nun mundo onde só traballan as máquinas mentres a xente toma os seus caipirinhas, tumbad@s na praia, cantando himnos á Automatización Industrial. Pero a cuestión é que o profeta tecnolóxico, cos seus apóstoles as máquinas, non nos auguran nada bon.

Sóennos tachar de místicos ou cousas parecidas por critica-la sacrosanta “razón instrumental”. Pero utilizando a máis matemática razón e lóxica claro está que non existe nada máis disparatado e incríble que o invento ideolóxico, recurso retórico, chamado “desenrolo sostenible”. Non hai ningunha forma de desenrolo da civilización industrial que sexa sostenible, nen no longo nen no medio prazo. Inda que cambiemo-lo petróleo pola fusión de hidróxeno (que necesitaría bastísimas cantidades de enerxía nuclear), a canceríxena industria e o consumismo depredador seguirán o seu proceso cada vez máis acelerado de simplificación da biodiversidade. As miles de estradas e o urbanismo tamaño colosal seguirán a destripa-la terra. As Nosas industrias agotarán as reservas de auga potable. O aire mesmo, dentro de non moito, será unha valiosa mercancía, como o é agora a agua ou a terra… E as guerras seguirán a desangrarnos polo petróleo, o control da auga, por loitas entre os estados (Megamáquinas que por esencia en canto a civilizacións son sempre imperialistas/expansionistas) ou guerras polas relixións nas que a xente se refuxia pra tapar a dor que lle produce a civilización, e unha lista máis de catástrofes interminables que teñen a súa racional raíz neste sistema civilizado.

Por outra parte o “prezo do progreso” é algo que chegará un momento que non se poida seguir subvencionando/pagando. Pra ilustrar isto se queren os nos@s detractores o poden convertir en numeriños, como gusta facer á civilización con todo, e contabilizar así rigurosa e científicamente os accidentes laborais, os ríos contaminados ou presos polo formigón, os suicidios, asesinatos, violacións, mortes por consumo de drogas e conducción de automóviles… todo iso con causa nas máis profundas entrañas da civilización ó igual que a guerra. E que contabilice na “débeda” do “prezo do progreso” os animais torturados de por vida en “factorías de carne”, e os asesinatos de animais pra facer xabóns ou por deporte, ou os viviseccionados pra facer cosméticos e servir a fins militares. Que conten cantas especies extinguimos ó ano nesta era holocáustica –a maior dende a desaparición dos dinosauros. Que midan o “prezo do progreso” cos kilómetros cadrados enreixados que fan falta pra construí-las cárceles e psiquíatricos onde esconde-los “erros do sistema”. Que contabilicen o prezo desa cousa que chaman progreso en relación ás pastillas contra depresións, ansiedade, estrés, insomnio, fatiga crónica, agorafobia, e demáis, que a xente debe tomar pra apuntar este tormento. E por se aínda non comprenden a canto ascende o “prezo do progreso” que poñan nunha balanza as enfermedades das que nos “salvaron” e na outra tódalas que crearon… E xa postos a pagar, que inviten eles: que se coman a factura el@s soliñ@s. Din que somos unh@s insensat@s, estúpid@s cretin@s, que non vivimos na realidade. Non somos realistas, iso é certo pois a nosa ideoloxía non é o Realismo. Pero que non somos racionais porque o “progreso non se pode parar” é “inevitable”… ¿qué tipo oscurantista dogma de fe é ese? ¿Rendímonos tan pronto á dominación? Un animal que foi domesticado pódese voltar salvaxe inda que lle coste. Un campo domesticado pola agricultura sempre rebrota salvaxe cando a dominación deixa de exercer sobre él. E iso de que “non se pode voltar atrás”, que somos uns “románticos”, ¿qué tipo de cegueira tan sorda á isa? Obviamente non se pode voltar atrás no tempo, sabémolo e non porque no lo digan as leis da ciencia… Pero, ¿quén falou de “voltar atrás”? ¿Non serán os posibilistas os que queren revivir tempos “románticos”, esos esquerdistas que queren voltar ó orwellianamente ridículo concepto de “estado de benestar”, ou os que queren resucitar a Marx, ou os que queren que volva o caudillo, o fürher ou non sei que imperio? Se falamos de voltar ás raíces non é outra cousa que avanzar cara a salvaxización dos instintos, da natureza que nos rodea e da sociedade contextualizada nela. Non queremos voltar ó Paleolítico, queremos superar o estadio civilizado. E isto por dúas razóns: 1) Porque queremos ser libres e felices, non suxeitos á dominación, nen fragmentados pola división do traballo, nen escravizados pola escleriótica organización social estatal. 2) Porque o futuro será primitivo ou non será. O “progreso” deixounos os seus máis preciados tesouros: requentamento global, buratos na capa de ozono, un nivel de contaminación sempre en aumento, guerra/militarismo que agora se suman á ameaza da nano e biotecnoloxía -gracias á aplicación informática- pra que presenciemo-lo horror das armas nano-xenéticas, da incontrolable e impredecible contaminación transxénica, a robotización dos seres vivos e as súas relacións productivas e sociais… ¡Veña, sexamos seri@s! A Modernidade é unha encrucillada onde só un camiño nos aparta do precipicio ó que irremediablemente nos leva, pois as súas premisas son a doorosa alienación que camiña cara a nosa extinción como especie.

Nos queredes usando a razón, sendo realistas, moderadamente posibilistas… Pois ben, cando un modelo de evolución se mostra tan daniño como o civilizado (en especial o industrial, e cada vez máis daniño a cada paso que da a tecnoloxización), o máis racional é pararse a pensar, debatir, dialogar e decidir que dirección tomar. Obviamente as únicas direccións alternativas -se ademais queremos comezar a progresar en liberdade, autonomía, felicidade e conexión ca natureza- enmárcanse nunha re-evolución en términos contradictorios ós actuais da civilización. Se esta evolución está rexida pola cada vez maior masificación, tecnoloxización, concentración de poder, absolutismo dos sistemas estatais, especialización/fragmentación mediante a división do traballo e alienación en tódolos aspectos, e estas son as raíces da actual crisis ecolóxica-psicolóxica-social, ataxalas mediante unha Re-Evolución primitivista é a única solución práctica, factible, plausible, racional e lóxica. Isto é: emprender unha re-evolución desmantelando tódalas institucións de dominación que fan necesario o Control Social, cambio a verticalidade estatal pola horizontalidade de redes de comunidades a escala humán, camiñar cara unha drástica disminución da división do traballo pra recupera-las nosas vidas, desmasifica-las sociedades e destecnoloxizar as relacións sociais pra crear comunidade e convivencialidade desalienada… Combati-la dominación, ó autoritaritarismo en tódalas súas formas: determinismo tecnolóxico, mediante estratificación en clases ou castas, o patriarcado, o antropocentrismo, racismo, a política (delegación das decisións sobre as nosas vidas), e demais. Dísenos que isto é imposible, ¿a quen imos convencer con ideas como estas tan alonxadas do “políticamente correcto”? Sabemos que rompen as marxes da “realidade” ideolóxica, que crearon pra sustentar este caos refrenado con dooroso autoritarismo. Pero, ¿qué é iso de que non é posible a nosa Re-Evolución? Imaxína que no medio dun país tan “racional” como os nosos chegasen uns tipos cunhas roupas negras, moi moi raras. Que esta xente dixera que debíamos rendir culto á multinacional pra a que traballan porque ela é representante dun señor que por arte de maxia creou tódalas cousas e nos dixo, a nós que non sabemos nada, o que está ben ou o que está mal. Imaxína que a nós que somos tan “científicos” nos dixeran que se non facemos o que nos din, ese tipo do que falan nos castigará con sufrimentos impensables porque el é así de piadoso, ¡todo amor!, e polo cal de aquí despréndese que –sen necesidade de poñernos o coitelo no pescozo- debemos darlles os nosos cartos e facer o que digan. Imaxína que pra máis referencias sobre a súa cordura e a súa proposta nos contan batallas onde un fulano parte o Mar Roxo en dous, outro camiña sobre as augas e cando quere resucita, as súas estatuas choran sangue, unha nai é virxe e existen uns fantasmas con coroa e ás que non teñen sexo… ¡E que por todo iso debemos rendirlles culto! Dime, que é o que en teoría faríamos a xente realista: obviamente ou darlles unhas patadas nas súas santas entrepernas ou rirse deles a gargalladas e non facerlles nen caso. Pero non é o que ocorre, ¿verdade?

Imaxína que durante innumerables anos dous chamáns con miles de lexionarios se turnasen no poder dicindo que as causas dos problemas residían na incompetencia do outro chamán, e que cando chegasen ó poder solucionarían todo, pero que isto nunca pasase. ¿Non é certo que a xente acabaría por darse conta de onde estaba a trampa, e botaría a patadas ós chamáns e os seus lexionarios que xogaran cas súas vidas regulándoas e dominándoas? En teoría sí, pero ¿a que non é o que ocorre? Imaxina que che están co conto de que a Tecnoloxía nun futuro solucionará tódolos problemas do mundo, pero en vez diso durante milenios os agravou en tódalas esferas. Imaxina que a xente crera nunhas ciencias que se chamasen antropoloxía e arqueoloxía que nos dixeran que isto non foi sempre así, que antes da civilización o ser humán viviu en relativa armonía ca natureza, igualitariamente, sen relixións nen xefes, sen domesticación nen autoridade, vivindo o presente, saludablemente, ceives, sen coñecer conceptos tales como “propiedade” ou “traballo”, e que só se dedicaban ás labores de subsistencia entre 3 a 4 horas ó día, que non o vían como un sacrificio, tendo moito, moito tempo pra pensar, xogar, foder… Isto faríanos anhelar o estado salvaxe no que vivíamos antes da civilización e camiñar por tanto nunha dirección moi contraria á establecida… Pero, ¿a qué aínda hai xente que cre na mística do Paraíso na Terra e a redención polas máquinas? ¿A qué aínda hai xente que cre que existe unha tontería chamada Progreso, que é irremediable, e omnipotente (ninguén pode con él), e que lle temos que rendir culto e paga-lo seu prezo ou que senon nos castigará co menosprezo social e o que ninguén nos tome en serio? Mira ti que cousas, ¿a que fanáticos relixiosos e crédulos non van a ser só os da barba e o turbante? ¿Ata onde chega a túa irracionalidade? E unha última pregunta. ¿Verdade que ocorren cousas máis raras e a xente cre en cousas máis aloucadas que a re-evolución primitivista? Que non nos veñan con contos, o medo á liberdade é o único que nos mantén escrav@s. ¡Viva a Re-Evolución! ¡Guerra á civilización e toda autoridade! ¡Ata ser Libres e Salvaxes!