Prestige: A Civilización ó Asalto


Centos de millóns gastou o Estado Español (subvencionando a televisiós públicas e privadas) na súa patética campaña publicitaria do “Desenrolo Sostenible”. O lema, “Cambiemo-lo mundo sen cambia-lo planeta” agora pasou de ser un estúpido sensentido a unha cruel proclama.

Non hai “desenrolo sostenible” posible basado nun recurso limitado como é o petróleo, iso é evidente, pero o que non é tan evidente é que o “desenrolo” é en sí o problema.

A sociedade parece –só parece- ter espertado ca marea negra. Piden a dimisión do presidente da Xunta, do presidente do goberno, emprenden as tareas de limpeza nos pobos por sí memos, é dicir practican a ACCIÓN DIRECTA dunha forma AUTOXESTIONADA, cantan que o PP e o PSOE son a mesma merda, non esquecenn o “Mar Exeo”... Pero isto non é espertar, é mostra-lo alienad@ e estúpid@ que se pode chegar a ser e estar.

Non importa que goberno haxa, o caso é que se seguimos con este sistema Tecno-Económico e ca política como forma de trata-lo social, se seguimos o DESENROLO, é irremediable que haxa catástrofes deste tipo. Pero tampouco é isto o verdadeiramente alarmante: o “Prestige” é sólo un PLOF! un pouco mais grande do continuo fluxo de merda co que nos cargamos o planeta e declarámonos a nós mesm@s diariamente a guerra. Certo é que matou a millóns de seres vivos e deixou na miseria a miles de persoas, pero ¿que ten isto de novo? ¿Acaso non é esta a lóxica e rutina diaria deste Sistema? ¿Non é este o “prezo do progreso” co que se xustifica todo, co que as víctimas humanas de agora xustificaban a súa pasividade e deixar facer? Pois iso, seguide deixando facer xa veredes que ben nos vai ir a tod@s.

Agora doe e escoce, pois agora mais que nunca habrá que loitar, pero non pedindo a dimisión dun monigote en manifestaciós PACÍFICAS onde @s mesm@s e cobardes manifestantes fan de policía. ¿Un monigote ou outr@ no Poder que importa? ¡O que hai que destrozar é o Poder! Pedides a dimisión, apoiávosmos, pero habrá que ir mais lonxe. E se pedi-la dimisión sólo sirve pra que non haxa un debate serio acerca do Sistema Social do Petróleo ou vai calma-los ánimos unha vez conseguidas as dimisiós mais nos valdría encamiña-la reivindicación...
Perdamos ou gañemos sempre houbésemos gañado algo: crear unha fractura na súa ideoloxía. Da outra forma non hai posibilidade de victoria, pois non se busca; tan sólo conseguiremos que un partido ou outro saque mais votos, cando o que deberíamos conseguir é safarnos da marea negra... e d@s polític@s.

A política co seu circo, o modelo social en sí, ten que ser debatido. A mesma industrialización debe ser posta a debate, comezando pola súa fonte principal de enerxía na actualidade: o petróleo ¿Petróleo pra qué? ¿Pra “distraernos” vendo como matan as “democracias” a xente afgana, iraquí, nixeriana, etc. por extraer un mineral que nos mata nas cidades? ¿Pra fabricar miles de productos tan antiecolóxicos como sustituibles, cando non innecesarios ou indesexables? ¡Ou, Sí! ¡E prós coches! Os coches están a destroza-lo planeta, cos coches inhumanizáronse as cidades e sociedades convertíndoas en monstros enormes aniquilando a comunalidade e convivencia e a cercanía ca natureza. ¿Petróleo pra os coches é o que queredes? Entón, ¿Cando o cambio climático nos traia a malaria á península e desestabilice os ecosistemas ata destrozalos, tamén pediredes a dimisión do gobernador de turno? ¡Acaso non sería o “prezo do progreso”!

Continuar con esta tecnoloxización suporá que dentro duns anos a sociedade sexa unha cárcere total, todos controlados electrónicamente e en todo momento polos ordenadores policiais dotados de Intelixencia Artificial. Suporá a total destrucción das sociedades INCIVILIZADAS (tribus e bandas recolectoras-cazadoras) que hoxe perviven, suporá a total erradicación dos bosques salvaxes virxes, pra substituílos por bosques-plantación. Suporá o control total das nosas vidas por parte das máquinas e a adaptación do noso físico e psíquico o delas. Suporá –aínda mais- a alineación e falta de liberdade, o seguir co proceso de aumento das enfermedades psíquicas (depresión, ansiedade, estrés...) e seguir creando epidemias novas pra finalmente conseguir chegar á extinción da propia especie humán, pero, ¡qué narices! ¡”É o prezo do Progreso”! E se por él temos que currar 10 horas ó día, ou morrer nalgunha das súas epidemias ou das súas guerras, benvido sexa, ¿non?.

Así que xa sabes. Podes seguir vivindo cos pés na terra, ser realista e non ver mais aló do teu nariz, ou loitar contra a Civilización: contra a domesticación, a autoridade e o traballo maquinal, por reconectar ca vida, descentralizando as sociedades, volvéndonos autónomos (non dependentes de máquinas), liberando os instintos e pasións (ser SALVAXES).

Se de todas formas decides seguir pensando que vivimos no País das Maravillas, que este sistema tecno-económico é domable e xestionable, entón non te preocupes polo petróleo que bañan as praias, pero ten puntería con lo que reivindicas: ¡Exixe que che modifiquen xenéticamente o corpo pra poder tolera-lo fuel! ¡E fártate a comelo!

ATA SER LIBRES E SALVAXES
INSURRECCIóN ANARQUISTA E VERDE

MORTE Á CIVILIZACIóN