Ruinas da Fortaleza do Mariscal Pedro Pardo de Cela
Pedro Pardo de Cela era fillo de Violenta de Aguiar e de Juán Pardo,
señor feudal de Cela, a quen sucedeu na posesión dos bens e señorío
da casa, unha das máis poderosas do país. Casou con Isabel de Castro,
sobriña do Bispo de Mondoñedo, don Pedro Enríquez de Castro, e filla
da Condesa Beatriz, quen aportou como dote ó matrimonio a maior parte
dos señoríos e fortalezas que eran propiedade da mitra, sendo unha
delas o Castelo da Frouxeira.
En 1445, o bispo finou, e o seu sucesor Pedro Arias Baamonde, reclamou
ó Mariscal os bens que posuía por doazón do prelado defunto. Pedro
Pardo negouse, pois formaban parte da dote da súa dona, e castigaba
inexorablemente a quen osaba introducirse nos seus dominios, sendo
polo xeral, comisionados enviados polo bispo Fadrique de Guzmán.
Os mesmos irmandiños, impulsados polo clero, facían a guerra contra
o Mariscal pois considerábano un usurpador dos bens da mitra mindoniense.
Os Reis Católicos tíñano por cabecilla da revolta en Galicia a favor
de Juana a Beltranexa e non dubidaron un instante para enviar
comisionados a Santiago que formaron causa contra Pedro Pardo e deron
sentencia contra él de confiscación de bens e morte en garrote.
O Castelo da Frouxeira foi sitiado polas tropas encabezadas por Mudarra
pero o seu ímpetu volveuse contra él, véndose na obriga de levantar
o sitio e fuxir. Envalentonado o Mariscal, saíu cos seus da fortaleza
deixándoa entregada a vintedous criados que logo a venderon aos seus
enemigos. O 7 de Nadal de 1483 foron collidos o Mariscal e o seu fillo
xunto con outros acompañantes e levados a Mondoñedo, onde, dez días
máis tarde, administrados tódolos sacramentos sufriron morte en garrote
él e o seu fillo de 22 anos de idade.
Nota crítica do historiador Benito Vicetto (Historia de Galicia):
"...Dígase lo que se quiera por los escritores clericales o por los
que lo parecen, resulta que tanto su inocentísimo hijo como él, fueron
mártires de la teocracia, de aquella teocracia mucho más soberbia,
cruel y dilapidadora de bienes extraños, que soñó serlo jamás el
desdichado noble gallego. Los dos crímenes que se arrojan sobre su
memoria fueron: los bienes del obispado mindoniense que él disfrutó
y su bandera levantada por doña Juana.
Lo primero no es un crimen, pues los disfrutaba por donación pública
de un prelado, cuya familia (los Castro) hacía más de un siglo que los
poseía en propiedad. Y lo segundo menos, porque la legítima heredera
del trono no era Isabel I, hermana de Enrique III de Galicia; era la
princesa doña Juana, la única hija que tuvo este rey, la cual, casada
con Alfonso V de Portugal entrañaba en su bandera o su causa la unión
de España y Portugal..."