Cron é un demonio que ten como función
a de executar tareas programadas.Cron iniciase automáticamente
cando estamos en niveles de execución multi-usuario.
Hai que ter en conta que calquera saida por pantalla
que produzan as tareas enviaránse mediante correo ó usuario.É
dicir queremos que a unha hora en concreto execute o comando "echo
"Hola"",este comando escribiría Hola na pantalla,pero
con cron,en vez de mostrarse por pantalla,redirecciónase a sáida
estándar, e envíaselle un correo.
Crontab contén as táboas para manexar
cron,cada fila desa táboa, chamada entrada, é a especificación
dunha tarea a realizar.Cada entrada está composta de 6 campos,
que indican o seguinte:
¿En qué minuto
executo a tarea?
¿A que hora executo
a tarea?
¿Que día do
mes?
¿Que meses?
¿Que día da
semana?
Tarea a executar
Valores posibles dos devanditos campos:
minutos
0-59
hora
0-23
día do mes
1-31
mes do ano
1-12
día da semana
0-6
Tarea a executar
Tarea a executar
Se queremos pór varios valores para un campo,poremos
ditos valores separados por comas
Se queremos coller tódolos valores dun campo, poremos
o símbolo *
No canto dos días da semana, o valor 0 correspóndese
co Domingo (Día do Sol)
Crontab conta con 3 opcións básicas,modificar
unha entrada,mostrar as entradas xa creadas e borrar entradas:
crontab -e
Modificar unha entrada ou engadir
outra entrada nova
crontab -l
Mostra en pantalla as entradas que están
actualmente creadas
crontab -r
Elimina as entradas feitas polo usuario
Imos ver un exemplo do uso de crontab, o obxectivo é
:
Copiar un arquivo a a outro directorio,o domingo ,durante
tódolos meses,os días 1 e 31,e ás 8:00 e 8:15
Escribimos na consola de texto:
$ crontab -e
Abrirá un editor de textos e nel introduciremos a seguinte
entrada: