Instalar plugin para ver arquivos Flash con Netscape |
O plugin para ver flash con Netscape pódelo obter da páxina web da revista (http://www.flash.com),unha vez baixado de internet, procede a descomprimilo ( tar xvzf flash.tgz se é un arquivo tgz,....) e aparecerán tres arquivos : un ficheiro README onde se explica detalladamente cómo instalar este plugin (en inglés) e os dous arquivos que precisamos : libflashplayer.so e ShockwaveFlash.class. A instalación deste plugin varía se queremos que tódolos usuarios teñan acceso a esta nova característica ou se queremos que soamente un usuario en concreto sexa o único beneficiario. Imos explicar ambolos dous casos, e o lector seleccionará un ou outro dependendo das súas necesidades ou requisitos.
Algúns sitios web usan JavaScript para enviar a páxinas sen-flash a sistemas que non sexan Mac ou Windows,co cual se intentas acceder a esas páxinas irá automáticamente á opción de visualizar a páxina sen flash. Para obter máis información e novas versións diríxete á páxina de Macromedia : http://www.macromedia.com ou http://www.flash.com
|