Poñendo as man en español |
Hai moitas cousas nas que o galego aínda non está presente, e unha delas é nas traduccións das man,kde,gnome,.... se ven hai proxectos,como trasno,... éstes non están totalmente finalizados, tal é o caso de gnome, se visitades a páxina das traslacións a outros idiomas, veredes que están traducindo ó galego,pero non tiven a posibilidade de baixarmo. Imos explicar como seleccionar as páxinas man en español, e cando estean dispoñibles na versión en galego, realizaremos os mesmos pasos,cambiando a selección de galego pola selección en español.As traduccións a español están na súa versión alfa, e iso indica que podemos atopar moitos erros de traducción,de todos modos merece a pena, pois non sabedes o que cambia ver a axuda dun comando descoñecido en inglés a velo en español(ogallá en galego),no idioma temos unha traba importante, pois aquel que non saiba inglés, costarálle comprender moitos conceptos que se a axuda de linux está no seu idioma. A selección de idioma faise para cada usuario, así un usuario pode ter configurado o sistema para usar o itialiano (se están instalados os correspondentes paquetes) e outro pode telo configurado para español ou inglés,isto é moi potente, pois non é como outros sistemas, que so teñen un único idioma de uso.Imaxinadevos un lugar de traballo, onde estean persoas de diferentes linguas, con outros sistemas,habería que instalar un único idioma que máis ou menos todos entendesen, pero con Linux, cada un elixe con que idioma interactúa co sistema. Imosvos explicar os pasos que tedes que realizar para dispoñer da tan preciada axuda de Linux en español:
Para obter máis información envía un correo ó coordinador do proxecto PAMELI : Juan Piernas Cánovas (piernas@ditec.um.es)
|