Instalacion de XFREE 4.X |
Imos explicar como instalar a nova versión deste sistema gráfico
orientando a redes.X11 é o sitema gráfico de libre distribución
máis utilizado no mundo de Linux. Antes de iniciar a instalación da nova versión das X, é necesario realizar unha copia de seguridade da anterior versión, para así poder restaurara si a instalación falla. Sempre que instalemos algo, debemos estar seguros de poder volver ó punto de partida. Estos son ós pasos a seguir: Copiamos o contido de /usr/X11R6 nun directorio temporar (por exemplo /instalar/X11R6/antiga ): cp -pR /usr/X11R6 /instalar/X11R6/antiga E para restaurar a anterior versión, no hipotético caso no que queiramos vover á anterior versión: # rm -rf /usr/X11R6 # cp -pR /instalar/X11R6/antiga /usr/X11R6
Unha vez feita a copia de seguridade, procederemos á instalacion, copia os ficheiros ( podes conseguilos en www.xfree.org ) nun directorio temporal, por exemplo /instalar Un dos arquivos que deben aparecer é Xinstall.sh, este é o que debes executar para instalar as novas X. Recoméndoche que realices a instalación dende unha consola de texto e saias das X. Unha vez iniciada a instalación, realizará unha serie de preguntas : |