Vieiros, 25 Agosto 2000

A Veiga do Valcarce pide a unión a Galicia

Os principais medios de comunicación fanse eco das declaracións declaracións da súa Alcaldesa no sentido de iniciar o expediente administrativo para a segregación de Castela e León e a unión a Galicia.

María Luisa González Santín (PSOE)manifestou a os distintos medios de comunicación a súa insatisfacción polo trato que a Junta de Castilla y León e maila Deputación prestan aos concellos do oeste do Bierzo, precisando que as institucións galegas, e mais en concreto o Concello de Pedrafita do Cebreiro, prestan mais atencións a esta zona que as de Castela e León.
Resaltou, asimesmo, os lazos que tradicionalmente unen o seu concello con Galicia.
Entre tanto lamento, non lembra que o seu concello mantén unhos saldos medios nas entidades financeiras da praza superiores a os cincoenta millons de pesetas; dez dos cales están investidos en Bonos de Tesourería de Caja España, cos cales se poderían facer bastantes cousas.
De calqueira maneira, o autor de este artigo, concelleiro independente na Veiga do Valcarce, comprometese a verificar a sinceridade das súas manifestacións, presentando unha moción no sentido de pedi-la unión a Galicia.