Vieiros 27 de Agosto 2000
Moción
na Veiga do Valcarce
Os concelleiros independentes de Renovación do Valcarce presentaron ao pleno do Concello da Veiga do Valcarce unha moción para inicialos trámites para a segregación da provincia de León e a unión a Lugo.
A moción foi
presentada polo concelleiro Gaspar M. Méndez, autor de estas
liñas, do Grupo Municipal Renovador, e foi rexeitada pola
Alcaldesa e os membros do partido gobernante (PSOE).
A Alcaldesa, Mª Luisa González Santín, alegou que non era
momento de presentar tal moción.
O Concello da Veiga do Valcarce aprobou, en decembro do 99, unha
moción, tamén presentada polos renovadores, para solicitar a
Junta de Castilla y León o ensino voluntario do galego nas
escolas.
A corporación está formada por cinco concelleiros do PSOE e
dous independentes.