farocast.jpg (144900 bytes) Reseña do Faro de Vigo na cal, ainda que a entrevista foi grabada, o xornalista escribiu o que bem lle pareceu.

O Mural "Bagdad" foi concebido e esbozado sobre loneta polo pintor Manuel Castelin, e despois levado á Acampada Cívica que se desenvolvía o sábado frente ó Museu Marco de Vigo.

Alí, as persoas que pasaban pola Rúa do Príncipe foron convidados a expresarse libremente pintando. Muitos foron os que colleron o pincel, e así conseguiúse unha interesante obra de participación ben contemporánea, na cal conxugáronse en armonía moi diversos estilos, desde os máis inxenuistas ós máis profesionais.

O segundo cadro é unha implificación de Castelin sobre nha fotografía publicada por Faro De Vigo, na cal mostrábase a dous soldados iraquíes que foron masacrados a pesar de que enarbolaban unha bandeira branca.

Ámbolos cadros poderán contemplarse no Centro cultural de San Paio de Navia, preto da praia de Samil, en Vigo.

 

CONTRA A GUERRA NO IRAK       Vigo, 15-Feb-2003     ó INICIO anterior

siguiente  seguinte