"VOLUNTARIOS"      Fotos fragmentadas. Clique para completarlas

 

cadena de voluntarios

paisaxe do entusiasmo

formiguiñas

torsion

cubeira

traballando

soliña

sonriso

porteando

Fotos tomadas por Manuel Castelin en Sta. Mª de Oia os primeiros días de afluencia de voluntarios  

 

Manifesto da Plataforma contra a Burla Negra

 

"Petróleo xa temos, agora precisamos unha plataforma"
Xavier Sar, Patrón Maior de Muxía

 

piratflag.jpg (3447 bytes)


Velaquí está. Somos a Plataforma contra a Burla Negra

Burla negra é a marea que estamos a padecer nas nosas costas e mesmo nas
nosas vísceras. É burla e é negra porque está a suceder unha vez máis e van
moitas.

Unha burla negrisima é a actitude irresponsable dos gobernos. Intentan unha
burla estupida e escura coa planificación e o control da información coa que
queren engañarnos, coa que pretenden calarnos unha vez máis.

Mais non o permitimos. Somos galegos e galegas libres que imos dicir e
comunicar o que pensamos e para iso nos xuntamos. Somos persoas dispostas e
activas que cremos na cultura, no ensino e na información como formas de
mover o mundo. Ninguen nos vai calar. Somos piratas.

Burla Negra era tamén o nome do barco do derradeiro pirata galego, Benito
Soto.

Somos a Burla Negra. Somos a Plataforma contra a burla negra, actores,
escritores, pintores, escultores, creadores, profesores, comunicadores,
pensadores, faladores... cidadáns deste País indignados e afectados, cheos
de petróleo.

Somos todos os que sabemos que non podemos calar mentres nos envorcan de
merda.

Avante toda. O mar é noso.

 

 

INFERNO NEGRO

Voluntarios loitando duramente contra a Peste Negra entre as rochas de Oia.

 

MOVIGUESA DE REPULSA

A enorme Movida de Protesta que recorreu as rúas de Vigo o 11-12-2002

 ó FORO BURLA NEGRA

 

aball3.gif (8540 bytes) ó INICIO