benvidos a terradelira-bienvenidos a terradelira-welcome to terradelira

Tuna

Volver a página principal

Tuna Rapera de Sestelos.

Aquí vimos os da TUNA
aquí vimos os tunantes
anque somos rapaciños
recitamos coma grandes.

Danos gracia pra cantar
Virxen Santa dos REMEDIOS
de corazón vos pedimos
os rapaces de SESTELOS.

Se queres oir cantar
prestade moita atención
a estes rapaces de LIRA
esta bonita canción.

Todos somos de SESTELOS
os que vimos concursar
nos non soñamos co premio
o caso é concursar.

Todos vimos moi alegres
con moi bo temperamento
pra contarbos o que pasa
no noso axuntamento.

En Carnota hai un horreo
que ten moita propaganda
todos din quese horreo
é o máis grande de ESPAÑA.

O noso señor alcalde
sacou moi mal as medidas
porque o horreo máis grande
é o que temos en LIRA.

Se o queres comprobar
nada temos escondido
víndeo medir e veredes
que é certo o que vos digo.

Quixera dicirlle a Brea
que se estea moi atento
que desde o Pindo a Lariño
se compón o axuntamento.

 

 

Aquí vimos os da tuna
aquí vimos os tunantes
anque somos rapaciños
recitamos coma grandes.

Todos pagamos impostos
todos pagamos basuras
pos eso sin diferencias
todos queremos axudas.

E o señor cura de Carnota
que non lle pareza mal
que deixe a igrexa aberta
cando haxa funeral.

Temos que ser máis humanos
amarnos con máis cariño
non permitir que esta xente
morra a porta de frío.

Viva a rúa de SESTELOS
e tamén de todo LIRA
con esta fonte de ingresos
do caracol e da mexilla.

Aquí vimos os da TUNA
aquí vimos os tunantes
anque somos rapaciños
recitamos coma grandes.

Co noso porto balea
que ten ameixas tamén
que non as hai en Lariño
con toda a plaia que ten.

Quen come de estes manxares
ten gracia para cantar
por eso non hai ninguén
que nos poida comparar.

Viva Brea e mais Milucho
que viva tamén Chiroca
que viva toda a xente
do axuntamento de Carnota.

Esperemos que así sexa
que o comprenda o xurado
que si non se equivoca
temolo premio ganado.