YUBILEO 99
31 de Agosto do milenio pasado, 15:00 horas, o escapista sae da panadería, (futura cinza da mañá do 24 de Xuño) vai en bici ata a casa da sua irmá, se despide do canciño e vai ata casa, bañase, mete unhas cantas cousas nunha mochila e lle di a sua presunta nai que sube a comer agora mesmo. 16:00 horas, sae un bus con destino a Ponferrada ¿a que non sabedes quen vai nel? 19:10 ¡ Coño, estou en León ! pero en Ponferrada paso de quedarme, me vou ir a eu que sei, o primeiro pobo que se me ocurra, me parece que por eiquí hai un que se chama Cacabelos, vou ir alí. (A tomar polo puto cu, no próximo número sigo escribindo)