WEB DOS VOLUNTARIOS DE VIGO NA CATASTROFE DO PRESTIGE


 

 
 

XOVES 7:15 a.m. "A cidade aínda durme. Eu xa estou na rúa, e de camiño o Concello paso por diante do campamento urbano contra a Guerra en Iraq. Que curioso que eles tamén están espertos, coma nos, os voluntarios contra o chapapote. Están sentados baixo unha gran tenda, na escuridade da noite e en silencio, mirando á carreteira, con cara de frío, pero ahi están, como facendo garda, alguén ten que vixiar este mundo mentres a maioría durme, coma os mariñeiros das Rías Baixas, os nosos heroes, que nos coidaron mentres os xefes durmían despreocupados nas suas mansions. Lémbrame aquela canción que escribín hai sete anos: "Nos echamos a dormir y éllos se ponen al volante y en la carretera dios sabe que pasara". Prosigo o meu camiño tras saudarlles, un tanto sorprendido pola situación. Agora xa se ve a Ría e as luces na outra beira. Parece en calma, pero quen sabe se revolve algo nas súas entrañas, quen sabe que traerá hoxe a marea, como dicía o naufrago. Sempre que paso por eiqui non podo evitar mirar atrás para ver as Cies o fondo e ollar o horizonte, o mar aberto, onde esta afundido o Prestige, que deu o seu primeiro aviso de emerxencia sobre esta hora, hai xa cinco meses. Xa vexo o bus o fondo e algúns voluntarios. O chegar saúdo a Montse. Arriba esta Pilar, Estrella, Regina e van chegando Gabriele, Chus, Juan e todos os demais. Ollalá vena hoxe ela... Hoxe vamos a Muxía, a zona Cero, onde todo escomenzou. Seguro que será duro, porque cada día atopamos mais petróleo. Pero a nós non nos importa, nós imos seguir vindo e ollalá veñan mais voluntarios".