Ao meu Portal

HOLA A TODOLOS SERES DO CIBERESPACIO ,BENVIDOS A MIÑA PAXINA PERSOAL

Chamome Xabier ,pero podedesme chamar Xabi (..xb..).

Vivo na Coruña , e estudio enxeñería informática de sistemas .Falo  : Galego-portugugués, castelán e estou aprendendo inglés (tamén estudiei algo de alemán e francés fai tempo).

Os meus hobbys son escreber, bailar música latina, pasear ,retellar cos PC's, conducir ,viaxar ,esquiar , ... demasiados vicios para quen non dispón de tanto tempo (ou cartos) no vos parece.

Se me queredes coñecer o da foto do fondo son eu ,na boda dun amigo cubano ( OscÁr ).

Contarvos que tamén son un estusiasta das capacidades de estudio do home (astronomía,informática,sicoloxía,..) sobre si mesmo e sobre o que lle rodea .E do papel de cada cultura da terra na formación do individuo.

Eu son un amante das culturas o que soña coa unión de todolos pobos e razas e a vez na conservación das riquezas particulares de cada unha , a primeira sempre soe ser a lingua .

Gustaríame escreber  coa grafía lusa pero como ainda non a domino vai así ,desa forma estou seria lexibre para todos os lusofalantes e galegos..

Para outros locos da informática ,describireivos o meu ordenador por se queredes facerme algunha pregunta sobre algún periférico que tedes igual e queredes contrastar o seu funcionamento.

    É un Pentium 133MHZ, bios de    con 80 MB de RAM ,con W98SE e CORELINUX, 2 discos duros de 2,2 e 1,2 GB ,o meu monitor é un LG de 17" ,teño tamen un winmoden interno Zoltriz de 33600bps ,escaner PRIMAX de man con tarxeta, a capturadora-sintonizadora XTREME , a descompresora IMPEG2 HOLLIWOOD ,DVD *6 ,regravadora HP 8100,zip interno de 100MB de IOMEGA ,tarxeta de son SB16 , mouse de PRIMAX e 2 impresoras umha EPSON LQ-100 e unha CANON bjc 240.

 O auxiliar é un 486DX2 a 100 Mhz ,bios ami con rato (nin idea da versión) , 64 MHz de Ram ,con W98SE , HD 1,2 Gbytes 

Un portatil 386SX , con 40 Mbytes de HD e Dos 6 con W3.11

Poñerei subespacios sobre temas nos "que ando" que espero que non vos aburran moito e lle saquen todo o proveito posibel a estos 5 megabytes maximos.

O AMOR

 

       Eu definiriao agora memo con algo tan doce como e estrano como el ,a poesía ,que en realidade aparece deste.

 

A INTELIXENCIA ARTIFICIAL

        Onde esta o limite ou definición do ser humano (ser superior) ,cando esta sorprendente  ciencia chegue a un fin ,a duda será meirande , se xa a tiñamos coa posibilidade de toparmos con sinais de outros seres no basto espacio.

            Somos homes todolos que cavilamos ou todolos que cavilan son homes (seres ,entes ou cousas).

A NOSA GALIZA

        Terra nobre , nobre Terra a galega ,de historia longa e boas  xentes . Agora comeza a espertar do seu case milenial letargo.

O TEATRO TROLA

        A visión do teatro dende outras perpectiva  axudoume a olla-la vida doutro xeito ...

A MÚSICA LATINA

        A paixón pola vida a arte ,o amor ,a beleza pode desencaedarse o escoitar e sobre de todo ,o bailar esta música moi nosa .

A CAFETERÍA SEHO

        Aquí é onde traballo xeralmente as fins de semana, coñecendo xente ,xente e máis xente unha boa forma de entende-la nosa forma de actuar