PATRIMONIO CULTURAL

ARQUEOLOXÍA

 

versión en galego (xuño 2000)

 


Arqueoloxía de Xestión

Servicio de Arqueoloxía


Juan José Alonso Braña

Torreira de Arriba, 28 1º

Santiago de Compostela

T/F 981576167

correo e-mail

 


PRESENTACIÓN

Nesta páxina ponse a disposición de quen se interese no Patrimonio Cultural e máis concretamente na Arqueoloxía unha serie de referencias a xacementos e outros elementos arqueolóxicos que por algunha causa están en perigro ou sufriron xa algunha agresión ou afección.

Galicia conta cun Patrimonio Cultural realmente rico e importante mesmo se consideramolo número ca súa calidade. Sen embargo este mesmo feito supón unha gran problemática ó ter que atendelo de forma axeitada. No momento actual, moitas zonas están sen inventario ou teñen un inventario totalmente obsoleto.

Por outro lado o crecemento xeral do pais ó amparo dunha economía global europea supón o deterioro dunha parte importante do texido patrimonial en xeral e concretamente do cultural, moitas veces por falla de cordura, máis frecuentemente por descoñecemento da existencia de elementos patrimoniais e xacementos arqueolóxicos.

Por iso, é importante a concienciación das persoas responsables das cales dependen directamente moitas das obras de pequena entidade que escapan ó control das axencias pertinentes na administración.

En Galicia un caso típico son os cortalumes feitos na guerra contra ó lume, e certo que o lume e perigoso e debe ser controlado, pero iso non disculpa o desmantelamento de moitos túmulos e castros ( que son afectados pola súa construcción descontrolada) Desta forma moitos túmulos megalíticos que compoñen o noso paisaxe desaparecen baixo acción de maquinaria pesada empregada na construcción de cortalumes e pistas locais, con pouco ou ningún control.

Por iso nesta páxina defendese unha coordinación das entidades ou organismos públicos, mesmo concellos sen POU nin PE elaborados, que realicen obras da entidade que seña en áreas sen inventariar ou nos que se supoña un inventario deficiente.

Exemplos de afeccións e do limitado do inventario son algúns dos casos coñecidos e que resumimos aquí.


Xacementos

 


voltar ó inicio