O noso camiño pola Vida é un intrincado Labirinto, que nos leva de experiencia en experiencia e de lección a lección, dentro da gran aventura de aprender a ser o ser. A cuestión é quedarnos repetindo ata a morte o papel do monicaco lambón que xa sabemos representar tan ben... ...ou intentar o esforzo de converternos no home ou na muller universal primeiro, e despóis, no ser humano cósmico que levan dentro tódalas boas sementes da nosa especie.
Este xogo é unha guía para @s esforzad@s camiñantes do Gran Sendeiro.
ESQUEMA DO LABIRINTO: Base e Camiño.
TEXTOS DO LABIRINTO:
A BASE DO XOGO Base do Xogo 1: OS 10 PERPETUOS ESENCIAIS QUE NOS CONFORMAN:
O eterno impulsor da evolución: Pozo sen fondo que me atrae a súa infinitude.
Consciencia cósmica en liberdade: Luz interdimensional móvil para explorar o misterio.
A forza consciente do espírito desenvolvendo e activando tódolos os meus potenciais, dende o seu trono entre as minhas cellas. A miña vontade de ser e de expresarme.
O instinto voraz que impulsiona o meu ego á realización dos meus desexos. Para convertelo no meu aliado, debo ter moi claro que é o que quero, como o quero y canto quero pagar por iso. 4 O verbo encarnado no meu corazón. Deus na Humanidade. O Meu Íntimo, o meu mestre interno, a mente superior que guía a miña transformación diaria.
O correcto ou incorrecto uso da miña imaginación subconsciente fai que se convirta na miña musa inspiradora, activa e realizadora, ou no narcótico que me estancará no pantano das fantasías irrealizables.
A miña alma subconsciente está chea do amor que a Vida sinte por mim, e de tódolos poderosos arquetipos que ela depositou alí como sementes e modelos para a miña evolución.
Sou unha célula inteligente deste planeta, que trata de server á harmonía evolutiva do conxunto, aprendendo a aplicar adecuadamente as energías creativas do meu amor.
O pensamento lóxico intelectual abre ou pecha os portóns de comunicación entre o meu espírito sutil, a miña alma subconsciente e a miña materia, segundo supere ou non as probas que está poñendo continuamente a miña vontade de evolución.
O temor que paraliza a miña crecenza integral. A hábil autojustificación da miña cobardía, disfrazada de prudencia e de responsabilidade material.
Base do Xogo 2: SUBMUNDO ASTRAL, bagaxe emocional, caras do ego, ou as 20 pedras que ten que pulirse durante o Camiño Evolutivo:
Un poderoso dragón de vintecatro cabezas vive no meu océano emocional, mantendo prisioneira a miña ánima pura, e acaparando para sí tódolos poderes do meu ánimo. O seu nome: Egoísmo.
Todo o meu inmenso potencial se desbaldíse porque ainda non puse de acordo as miñas enerxías para que, no canto de espallarse, se concentren nun obxectivo común.
As miñas enerxías están a beira do espasmo, porque a continua culpabilidade por mor do pasado, ou as miñas preocupacións polo futuro, impídenme alimenta-las con a única realidade, que é o aquí e o agora.
Biblioteca inútil ocupando un cerebro dormido.
Desexar tantas cousas á vez impídeme concentrarme para realizar unha sequera.
Unha persoa chea tan só de sí mesma, sempre estará vacía.
A dúbida é unha pechadura que bloquea a colaboración do poderoso subconsciente cósmico na realización dos meus soños. A fé é a chave que me abre a el.
As persoas máis temibles deste mundo, son as que cren estar na posesión da única verdade, sen respeto ao que podan crer os demais.
O meu maior momento de tolemia chega cando alcanzo a esquecer como a Vida me ama, e como me ten axudado eternamente.
Trato de voltar en min pensando e falando das cousas reais que percibin con a miña propia experiencia, e deixando de lado todo o teórico e mental que leí ou escoitei doutros.
Nunca perdeu tanto o seu tempo a águia como cando se puxo a aprender do corvo.
Tódolos elementos que interveñen para que unha persoa leve unha existencia irreal, actúan do mesmo modo: Impedindo e silenciando o desenvolvimento e a manifestación do Eu Superior.
Os hábitos e rutinas diminuen e degradan a atención consciente con que debería desfrutar do único que teño: A miña vida cotiá. Contra rutina: ritual.
O pior autoengano é deixar de ser eu mesmo, para ocuparme da representación do personaxe por quen quero que me tomem.
Cando choco con alguén, sei que debo buscar no seu espello aquilo que teño que transmutar de min mesmo.
A beleza maior da vida consiste en degustala intensamente, con tódolos meus sentidos físicos, emocionais e espirituais unificados, en perfeita consciencia e compartir. O desequilibrio entre eles, a mecanicidade e o egoísmo, degradan toda a potencia elevadora do meu pracer.
É mais doado poñerme unha etiqueta de impotencia ou de indiferencia, do que comenzar a traballar para que muden as circunstancias que me impiden facer o que desexo facer.
O apego é a pesada áncora que impide o meu avance espontáneo e consciente no aquí e agora.
Se o que necesito conquerir só se pode conquerir danando os demais, o meio ambente ou a min mesmo, seguro que non é a miña necesidade, senón a miña tolemia.
Se polarizo en un dos seus extremos o Xogo da Vida, o convertirei en unha pura fantasía mental, pasiva e intanxible. Se o esaxero polo outro extremo, fago del unha loita obsesionante e neurótica, e tórnome doadamente en aquilo que estou atacando. Equilibrio!
AS 8 ETAPAS DO CAMIÑO EVOLUTIVO 1ª ETAPA: MUNDO DE ILUSIÓN. O camiño vulgar. Terra.
Dentro de min está todo: a águia resplandecente que me proxectará ás alturas, ou a serpe ponzoñosa que me arrastrará pola mediocridade, se a deixo.
Ó andar faise o camiño, e somente ó andar.
Non me deixo fascinar: Cando intento adaptarme a sistemas creados por outros, desvíome do meu propio camiño, que só pode construílo o meu fluir espontáneo e profundo sobre a corrente das miñas tendencias persoais.
Para chegar á Terra da Sabiduría, esgotarei antes tódalas miñas tolemias.
Cando deixo de confiar en min mesmo e na Vida, perdo o senso do Xogo do Viver e empezo a construir cambaleantes castelos de raposerías que rematan sustituindo a pura e sinceira expresao do meu ser.
Cando creo que xa sei, é que xa a ignorancia apoderouse de min.
O discurso exterior e as miñas propias fantasías provocaron a dispersión e a confusión das miñas enerxías de atención. Preciso acalmarme e atopar de novo o meu centro.
Enerxía involutiva pronta a caer sobre min, se me durmo.
A vibración máis densa e o discurso vulgar dominante envolvéronme de tal maneira, que perdín a visión da realidade e a lembranza de min mesmo. Necesito urxentemente sair do seu fascinio e colocar a matéria no seu xusto lugar.
Derradeiro aviso: Desperta, rompe as tuas cadeas, límpate de vampiros, examina a túa situación, muda o ciclo, e reemprende o camiño hacia la Única Liberdade. 2ª ETAPA: INICIACIÓN. Despertando. Saturno.
É hora de deter a miña nave totalmente e de preguntarlle à Morte o que debería resolver, do que me debería desprender, e o que verdadeiramente me importaría se só me quedasen tres horas de vida.
Farei desaparecer os meus confictos cando os entenda na sua derradeira raiz. De nada me serve andar podándolles as polas.
O acto mais importante na vida de un ser humano intelixente e valeroso, é chegar a ser capaz de render as mañas do seu ego, sometendo esa poderosa personalidade ó comando do seu Eu Superior.
O Ser brilla en toda a súa excelencia cando se ispe e se limpa de todo canto non era seu.
Escoito atentamente as sabias inspiracións do Íntimo no meu corazón, fluo espontáneamente nas suas primeiras intuicións e non deixo que o ego as deforme na su propia conveniencia.
Me convirto en aquilo no que poño a miña consciencia. A miña atención receptiva ó elevado dame asas. A miña neglixencia e o meu automatismo tenden a encadearme ós graos máis baixos da consciencia, onde rebulen os monstros creados polas mentes neglixentes. Nin un só deses pensamentos ou sentimentos me pertence. Insisto e permanecer en serena atención ó meu Ser Real, o que habita na Sabiduría, por detrás desa cortina de fume formada polas miñas vanas preocupacións.
A propia Vida, os sucesos do meu camiño, as persoas que me vou encontrando e toda a miña vivencia persoal, son os meus mestres e os únicos libros vivos que me serven para acadar a sabiduría.
Cada quen merécese o que soña.
Reencontrando a función para a que fuí concebido. 3ª ETAPA: CAMIÑO DO CORAZÓN. Coñecendo o propio Valor. Marte.
Desperto por un intre a meu Deus adurmiñado, e lembro os camiños que o meu corazón soñou dende sempre: Aquí e agora é o único momento posible para recorrelos.
Para continuar, abren-se ante min as duas grandes rutas: A común, do aparente menor esforzo, e aquela outra do enfrentamento tenaz con as miñas contradicións, ata transmutalas nos meus poderes persoais. É a hora de decidir.
No día de hoxe, pido á Vida que me enfronte, unha depóis doutra, con todas as minhas contradiçoes internas, a fin de realizar o intento de superalas, para tomar nas miñas maos soberanamente, como un espírito maduro, as rendas do meu propio destino.
Eu Sou o Camiño, a Verdade e a Vida.
Non importa se existen ou non os deuses, o Universo compórtase como se existisen, se eu o creo.
Póñome atentamente a disposición da Vida en todo canto fago, a toda hora do día e da noite... e ela me enche de sí coma a un cáliz.
Coma unha árbore froiteira da froitas: así quero realizarme, devolvendo amorosamente á Vida a culminación cíclica de sí mesma.
Eu sou, fundamentalmente, a forza que me impulsa a co-crear o meu propio destino, fazéndome, no primeiro lugar, señor de mín mesmo.
O desapego son as alas de Pegaso. Non caigo na trampa de malgastar a miña atención con o mundo vello, nin para criticalo. Intento permanecer centrado na construcción do novo mundo en mín mesmo e no meu entorno, con todo o meu amor, máis desapasionadamente.
A vida cotiá é o meu único templo, o meu continuo reto e a miña relixión. Non espero encontrar a Deus, que é o Amor, lonxe da relación amorosa con tódolos demais fillos da Vida que me rodean. 4ª ETAPA: A ESCOLA DA NAI. Desenvolvendo o Femenino Interno. Venus.
Se eu mesmo me coloco, soberanamente, ó nivel do chan, ninguén me poderá derrubar. Se me valeiro de auto-importancia, ascenderei coma un globo.
Permanezco tranquilo no ollo do furacán, aceptando tódalas probas e lecións que a Vida me manda para fortificarme e completarme.
Un conflicto interno superado é unha lección aprendida, unha potencia persoal valerosamente desenvolvida e un triunfo que me acende en leda confianza en min mesmo e na Vida.
Sintonizo cariñosamente con o meu Grupo de traballo cósmico: Sei que estades ahí, meus compañeiros, ainda que nin coñezco a maioría . Imaxino un ponto na Alma Colectiva da Humanidade, onde envío as minhas melhores ideias e sentimentos. Alimentando á Egrégora Planetaria, tambén me sinto alimentado por ela.
Cando me distendo, presto atención, me afino e me deixo levar suavemente, ó compás da Melodía da Vida, percibo que todo está animado polo mesmo Espírito, e atópome integrado no Todo coma un acorde mínimo, máis imprescindible, da Harmonía Infinita.
Só cando fago que as miñas contradicións internas confróntese, xenero enerxía dabondo para impulsar a miña nave anímica a un grao superior de evolución.
Procuro converter, con fluidez e espontaneidade, cada un dos meus praceres e das miñas dores en un acto creador, que brindo humildemente á Creatividade mesma.
As ondas do mar nos mostran o ritmo da Vida, a respiración do planeta: fluxo, refluxo... Adáptome ó ritmo e flúo con el.
Graciñas, Señora das Augas, espírito femenino do planeta, por tódolos teus amores e dons. Retómame agora, Miña Nai, e dá de novo a luz ó teu Fillo eterno.
Cando coloco no seu xusto lugar a cada unha das forzas diferentes nas que a Vida se manifesta em mín, fágome un coa Vida en toda a súa maxestade. 5ª ETAPA: A ESCOLA DO PAI. Desenvolvendo o Mestre Interno. Xúpiter.
Para saltar a un grao novo de madurez, a un ciclo superior de evolución, vaciareime antes de todos os meus conceptos anteriores posibles, e me prepararei serenamente para soportar o reventamento tardío dos que ainda queden.
Anchearei con constancia a miña ánima, ata que sexa capaz de abarcar de novo ó Todo.
Reorganizo ordenadamente as miñas enerxías, a fim de poñelas a levantar, coas pedras brutas da miña base anímica, a pulida pirámide da miña propia plataforma espiritual.
Tódalas riquezas e poderes da Vida pasam a través de mín cando xúntome ós xenerosos, coma un arco máis do gran acueducto de amor con que rega este planeta a enerxía do Cosmos.
Un ciclo superior de evolución, un grao máis alto de verdadeira madurez nun ser humano, mídese pola súa leda e espontánea disponibilidade para servir.
Cabalgo habilmente sobre as miñas enerxías elementais, mentres aprendo a facer da miña mente e da miña língua instrumentos do amor.
A expresión espontánea e aberta do afecto é a chuvia que faz medrar o jardín do amor entre os homes.
Xulgar, condenar e punir están reservados unicamente a quen está tan alto que pode ver a ánima de todo. as únicas armas do guerreiro da Vida son a tolerancia, a comprensión e o perdón.
Non me opoño a unha gran forza: retrocedo suavemente ata que se debilite, e avanzo daquela, sen ningunha dúbida, ata o final.
Poderei construir calquera cousa se a miña base é sólida. A maior solidez dun home é xenerada pola súa confianza na súa propia impecabilidade. 6ª ETAPA: CONCILIACIÓN DE OPOSTOS: Mercurio.
Calquer ponto do universo pode ser o seu centro. O centro de toda mente humana é o concepto ilimitado que chamamos Deus. Ainda que viva viaxando continuamente por tódalas realidades e fantasías do ser, quero lembrarme sempre de que o meu fogar é no Centro da miña mente.
Abre ben os ollos: a Vida estáte poñendo a proba.
É moi doado coñecer cando Deus fala en mín: cando, sen propoñelo, deixo que o máis elevado e desprendido do meu ánimo fale, Deus está falando en mín.
Sei que realizarase o meu soño, o día no que saiba claro o que vou facer con el. O que quere a Vida en troca de tódolos seus dons? O que toda mae quere dos seus filhos: a nossa ledicia.
Cando sou realmente consciente de que todo é a mesma cousa, o amor non é senón o sentimento que desprendese con naturalidade desa auto-identificación.
Coa miña propia vontade e esforzo, cheguei ata onde puiden chegar. Agora entrégome nas mans da miña amada metade invisible, e espero, atento e confiado, a que ela me señale o bo camiño a seguir.
A luz é luz porque apoiase na sombra. Deixo de loitar contra a metade de mín mesmo, e me concentro en sacar o máximo proveito posible da alternancia consciente e oportuna dos meus movimentos opostos.
Darei a luz de mín mesmo unha mente amplia e clara, e un corpo espiritual que sexa perfeito vehículo para a miña conciencia, en tódolos planos de realidade do meu Ser.
Só cando consigo a cooperación harmónica e equilibrada do meu Mestre Interior e da miña Musa Inspiradora, é que tomo real posesión das miñas potencialidades de realización. 7ª ETAPA: O FIN DO MUNDO. Deixando atrás o vello. Lúa.
Cando xá estou valeiro de ansiedades, desexos e fantasías egoicas, podo tornarme en limpo canal de resonancia dos grandes arquetipos que dirixem a evolución de todo dende a matriz do Ser.
Musa do meu corazón, Señora da Luz, mente amiga, a miña cara metade, a miña eterna compañeira, anímame e inspírame na Gran Aventura. E, sobre todo, espértame cada vez que me durma.
Chegou o momento de parar un pouco, de acabar de dixerir o ultimamente assimilado, de liberarme unha vez máis do que non é meu, e de axeitar e aprontar calmadamente os meus poderes persoais, mentres prepárome para o paso definitivo.
Sen vacilar, lanzome adiante a facer o que teño que facer, coste o que coste, atento as instruccións da miña Ánima, para rescatar o meu eu auténtico de tódalas circunstancias que lle están impedindo manifestarse.
Mestre do Amor, Espírito Evolutivo da Humanidade, ven, toma posesión deste vehículo teu no plano físico, comanda os meus sentidos, ilumina a miña mente e apróntame para realizar os teus obxectivos.
Só se pervive trala auto-destrucción. Non se consigue a intensidade máis que a costa do ego. A semente que non se enterra para xerminar, resécase e esterilízase na superficie.
A morte do ego é a semente fértil do meu Eu real. A nosa realidade é que somos deuses. Eu xá sou O Que É, só despertar, sentilo, disfrutalo ata o fundo, e deixar de procurar ansiosamente vanos soños exteriores.
Cando xa non queda nada que eu non poda amar, todo vólvese Deus ante os meus ollos.
No momento no que esté preparado, a Porta abriráse ante mín. Adiante.
Cando deixo de buscar, encóntrome. Todo o que me completa escóndese atrás do fantasma da miña carência. 8ª ETAPA: CORONACIÓN E RETORNO: Renacemento. Sol.
É hora de celebrar e de disfrutar do meu encontro de amor coa Vida. Deixo todo o demais e entrégome ó gozo.
Sou a consciencia consciente de si mesma e da consciencia do inconsciente. Sou a Consciencia Absoluta.
Sou completo cando Sou eu mesmo.
A Vida é o xogo das agachadas do Ser consigo mesmo. Xógoo intensamente, aquí e agora, como se fose a miña única realidade, pero non me esquezo de que non é máis do que unha diversión temporaria da nosa Identidade Unimúltiple e eterna.
O Xogo de Ser o Ser é a arte de ser feliz. A felicidade acontece cando me completo, ó sair do personaxe e do teatro, para renderme ó meu ser cósmico e sentirme, en verdade, un con el. Ahí descubro que no Ser están, ó mesmo tempo, o Saber, o Ter e tódolos poderes da Vida, unificados ó servicio da sua propia harmonía.
Atopar a Verdade significa ter chegado, por fin, a ser un coa Miña propia verdade.
Sei que sou unha onda máis da Consciéncia, axudando a conformar a Vida Universal. Sei que a felicidade do organo asegura a felicidade de cada unha das súas células e viciversa, e entrégome gozosamente ó meu servir. Aprendido que todos somos Un e que a sabiduría, a riqueza e o amor que non se comparten, transmútanse en oscura alienación, creo que xa estou na hora de poñerme a practicar.
Como sou capaz de ascender ó mais alto, tambén o sou de descender ó mais baixo, sen deixar de ser o ser, nin esquecerme demasiado de mín mesmo.
Coñecendo ben o bo camiño, fresca e firme a lembranza de mín mesmo, retorno á universidade da vida cotiá, para practicar o aprendido, servindo os meus irmaos.
...E VOLTA A COMENZAR, POLA ESTACIÓN CERO DO LABIRINTO...
Manuel Costas Castelin Amazonia 1988 |
|
E-mail: castelin@hotmail.com
|
arriba |
||