DIARIO DOS VOLUNTARIOS DE VIGO |
||
SABADO 7 de Xuño. Praia de Lariño. Carnota. Galería 3. XOVES 5 de Xuño. Praia de Basoñas. Porto do Son. Galería 5. SABADO 31 de Maio. Praia de Lariño. Carnota. Galería 2. XOVES 29 de Maio. Praia de Basoñas. Porto do Son. SABADO 24 de Maio. Coídos de Serreseco. Carnota. XOVES 22 de Maio. Praia de "O Rostro". Fisterra. Galería 4. SABADO 17 de Maio. Praia de Razo. Caión. XOVES 15 de Maio. Praia de "As Furnas". Porto do Son. Galería 5. SABADO 10 de Maio. Dunas e Marismas de "Boca do Río". Carnota. XOVES 8 de Maio. Praia de "O Rostro". Fisterra. Galería 6. SABADO 3 de Maio. Praia de "O Rostro". Fisterra. MERCORES 30 de Abril. Praia de "O Rostro". Fisterra. Galería 6. XOVES 24 de Abril. Cabo Touriñán. Muxía. MARTES 15 de Abril. Coído de Ximprón. Lira, Carnota. XOVES 10 de Abril. Cabo Touriñán. Muxía. XOVES 3 de Abril. Coído "Areas Brancas". Carnota. XOVES 27 de Marzo. Praia de "O Rostro". Fisterra. Galería 6. VENRES 21 de Marzo. Dunas e marismas de "Boca do Río". Carnota. XOVES 20 de Marzo. Praia de "O Rostro". Fisterra. Galería 6. XOVES 13 de Marzo. Traba, Laxe. SABADO 8/DOMINGO 9 de Marzo. Carnota. XOVES 6 de Marzo. Ximprón/Ardeleiro. Lira, Carnota. Galería 1. VENRES 21 de Febreiro. Praia de "O Rostro". Fisterra. SABADO 7 de Xuño. Praia de Lariño. Carnota. Galería 3. Segundo sábado na praia de Lariño, Carnota. Traballamos outra vez nas rochas da parte superior da praia, no mesmo punto do sábado anterior. Estaba no mesmo estado como podedes comprobar na Galeria 3. Se botaba de menos a presencia de máis voluntarios e isto e bastante preocupante porque dende as eleccions cada día veñen menos. Tendo en conta que segue habendo moito traballo que facer habería que pedir máis axuda e que veñan máis voluntarios. Galería 3. XOVES 5 de Xuño. Praia de Basoñas. Porto do Son. Galería 5. Un día mais en Porto do Son. De novo na praia de Basoñas. En grupos de tres continuamos coa labor que comezaramos o xoves anterior. Un coa pala e dous peneirando area. Non traballamos con moitos ánimos por culpa da nova que tivemos a comezos desa semana de que a semana seguinte xa non habería saidas dos voluntarios de Vigo. E dicir, que este era o noso derradeiro xoves polo menos por agora. A verdade e que o víamos vir, tralas eleccions, o 1 de Xuño e a chegada do vrau e coa temporada de turismo. Así que nos tomamos o noso derradeiro xoves xuntos coun pouco mais de relax do normal. O traballo era o mesmo, cribar a area das dunas pra retirar os graniños de fuel e restos en xeral esparcidos por todalas partes, alguns mais complicados de retirar por estar pegados as prantas, as raíces, etc. O final, facendo un percorrido pola beira, atopamos unha zona de rochas branquísimas como a fachada dun edificio. Era a zona de traballo de Tragsa. Agora non estaban alí, pero se notaba o paso das maquinas hidrolimpiadoras pola zona. Aquelas rochas parecían totalmente estériles. Nalguns puntos había pedras cubertas de petróleo. Foran postas do revés. Podedes velas na galería de fotos correspondente. A verdade e que nos os voluntarios poderíamos facer un bo traballo nesas rochas porque se ollaba que debaixo había chapapote que as maquinas non retiraron, e con palancas poderíamos mover as pedras e sacalo, pero Tragsa non quere que traballemos alí, preferen enviarnos as dunas a peneirar area, para que nos desesperemos. Galería 5. SABADO 31 de Maio. Praia de Lariño. Carnota. Galería 2. O Sur de Carnota hay un lugar chamado Lariño, cun faro e en frente unha pequena praia co mesmo nome. Alí un coordinador voluntario alemán recibiu e lle agradecemos moitisimo o ben que nos cuidou durante todo o dia. A praia comeza según se chega cunha franxa de pedras de todolos tamaños que se extende o longo da praia. Esas pedras estaban lixeramente manchadas de fuel-oil do Prestige por riba, pero o levantalas, ou o desplazalas unhas doutras atopamos moitos pegotes de fuel espeso e puro, que co calor de Maio ainda se derrite mais. Estaba tamén rodeado e mesturado con area. Houbo que traballar moito, con mascarilla porque cheiraba moi forte, gafas por se salpicaba os ollos, e espátulas para retiralo. Moitas pedras que por riba parecían "esplendorosamente" limpas tiñan moito chapapote pegado debaixo, na sua base. Houbo que usar tamén palancas ou barras de ferro pra levantar algunhas pedras ou rochas mais grandes. E unha prueba de que case sete meses despois do afundimento do Prestige e tan so un día antes do proclamado 1 de Juño, a Costa Galega ainda non esta limpa o cen por cen. O fuel que había en Lariño era apestoso, fresco, puro e moi toxico. Non me quero olvidar da maravillosa xente de Lira e Carnota que nos seguen a recibir tan ben e cociñando gratis pra todolos voluntarios. Galería 2. XOVES 29 de Maio. Praia de Basoñas. Porto do Son. Este día viñeron moitos menos voluntarios, presumiblemente debido o desencanto polos resultados das eleccions municipais a nivel estatal do domingo 25 de Maio. Traballouse nas dunas, en grupos de tres, un botando area coa pala nos tamices e os outros dous cribando esa area. Cada grupo encheu entre un capacho e medio e dous o final da xornada, sobre as tres e media da tarde. O que se recollía eran graniños, lentellas e galletas pequenas de fuel. Non cavamos demasiado, so ata atpar area húmeda, a uns 20 ou 30 centímetros da superficie. SABADO 24 de Maio. Coídos de Serreseco. Carnota. Este día os voluntarios se dividiron en dous grupos. Un deles foi a unha cala en Serreseco, Carnota, a traballar con pedras pequenas tinguidas de petróleo. O traballo consistiu en raspar o petróleo das pedras con espátulas o máximo posible e logo botar as pedras mais abaixo, na beira do mar pra que a propia auga do mar as rematase de limpar. O mal tempo cebouse dos voluntarios con chuiva e incluso granizo. XOVES 22 de Maio. Praia de "O Rostro". Fisterra. Galería 4. O noso regreso a Finisterre este día confirmóu unha vez mais que sigue chegando moito fuel a Costa da Morte e sobretodo que a bahía da praia de "O Rostro" ten cantidade de fuel estancado nos seus fondos e que cada día sube e baixa coa marea e chega a beira cando a marea baixa. Son galletas de todos os tamaños, algunhas mais grandes que unha man adulta. Mais de seis meses despois seguese a repetir a mesma situación cada día. O acceder a praia polas dunas xa se notaba o cheiro acido do chapapote no ar, por todas partes. Ademáis segue a haber un gran bulto no centro da praia onde xace esa gran capa de fuel denso e pesado que se posou ahí o principio e solta restos en forma de galletas e masa desgaxada que nadan libremente preto da beira. Ese día traballamos recollendo galletas dende que chegamos. Nos quedamos por onde estaban os de Tragsa, no centro da praia pero mais o Norte que o Sur. Non puidemos cavar por falta de ferramenta, no nos deron palas, pero nos gustaria cavar e atopar outra vez aquela placa que atopamos o sábado 3 de maio e que tivemos que abandonar porque a marea xa estaba subindo. Sabemos que segue alí porque de vez en cuando saen en televisión os militares cavando alí. Por cierto, por fin vimos unha maquina cribadora tamizando a area e retirando esas pequenas partículas de petróleo que tanto nos fastidian cando nos fan ir a un lugar para retiralas, como pasounos nesa praia varias veces. Galería 4. SABADO 17 de Maio. Praia de Razo. Caión. Este dia os voluntarios traballaron na Praia de Razo cavando na area e atoparon unha capa de petroleo fina bastante seca. XOVES 15 de Maio. Praia de "As Furnas". Porto do Son. Galería 5. A pesar de que este día íamos con certa desconfianza porque habia moito tempo que non nos chamaban de Ribeira e nos temíamos que nos fixesen ir alí pra nada como en Laxe, todo saliu moi ben e incluso mellor do habitual. E mais, ata os traballadores de Tragsa que nos recibiron na praia foron amabilísimos con todos nos, sobretodo o que chamábamos o "orensano". En fin, o chegar a praia quedamos nun corredoiro que hay detrás das dunas pero que polo seu lado norte ou dereito leva a praia. E un pasillo de area, coma o cauce dun río, por onde chegara a marea (negra) e deixara soterradas varias capas de chapapote. Traballamos en varios grupos. Os primeros avanzamos por diante cavando e removendo a area ata atopar a capa de petróleo que estaba mais o menos a medio metro de profundidade. O seu grosor variaba de 1 a 2 centímetros. Probamos varias formas para extraela. A mais eficaz resultou ser a seguinte: cavar primeiro o medio metro de area con palas ou a man con cuidado de non romper a capa de fuel. O alcanzala a pala rasca a capa que esta medio seca e misturada con area. Sonaba coma se rascases un pavimento de hormigón. Enton se para de cavar e barrese a arena superior a man ata que a capa queda limpa y o descuberto, como se faría nun xacemiento arqueolóxico. Decidimos non retirar a capa todavía, primeiro repetimos o anterior nuna superficie meriande pra non desfacer ou desgaxar a capa. Ademáis queríamos coñecer a sua extensión. Chegamos a cavar uns tres metros de ancho por dous de longo. Aquelo parecía unha estrada. Non puidemos contenernos e empezamos a bromear sobre iso: "que debería vir Fraga a inaugurar esa autoestrada; que non sabíamos que pasaba unha antiga calzada romana por alí; que criamos que os romanos non asfaltaban as suas estradas". Os voluntarios o tomamos todo con moito humor, e mais 6 meses despois do comezo do desastre, e a única forma de aguantar. O mozo de Tragsa chamou o seu xefe pra que viñese ver o que había alí debaixo. Tamén nos trouxo un cubo de auga pra botala sobre a placa e limpala de area. Enton empezamos a retirala. Coas mans e a mellor forma, tratando de agarrar o máximo posible de cada vez e xusto por debaixo da lamina, sen coller mais area da que esta adherida. Fixemos todo o posible por non desfacela. Ainda así, quedaban moitos restos entre a area. Deles se ocupaban os grupos que viñan detrás cribando a area con tamices. En total xuntamos mais de 5 toneladas de chapapote con area. Os de Tragsa nos dixeron que foramos o grupo mais traballador e que nos chamarían mais veces, e de feito o fixeron. Galería 5. SABADO 10 de Maio. Dunas e Marismas de "Boca do Río". Carnota. Outro día aburrido recollendo graniños e pequenas galletas de petróleo na area. Un "traballo de chinos" que deberían facer as maquinas que o Goberno non lle da a gana de enviar a Galicia. Tamén había contaminación de petróleo na terra e fango das marismas de Boca do Río. Os militares estaban nunha zona de area filmando algún reportaxe publicitario para a campaña electoral do PP. Estaban todos apiñados nun punto moi concreto, cavando coma posesos e arroxando area en grandes cantidades a uns tamices que axitaban coma descosidos. Estaban todos moi ben etiquetados cos seus pegatinas de FAS. O parecer non querían visitas de voluntarios por alí. Mentres traballábamos naquel areal inmenso sobre o que parecía que chovera petróleo, un xoven modelo ou deportista cruzou entre nos trotando dócilmente, case a cámara lenta e mostrando os seus músculos de ximnasio e o seu bañador encarnado pasión para o deleite das voluntarias, que crían estar ollando unha especie de modelo de Gillette ou vixiante da praia estilo David Hasseholf. Eso si, os pes os debía ter negros e recauchutados coma unha roda de Michelín, do petróleo que estaría pisando. As mozas de mans limpas tiveron que deixar de sonar mocos e dedicarse a secar babas. Ante unha situación tan surrealista nos preguntamos si seria un modelo contratado polo Goberno para pasearse polo fondo mentres os militares saían na tele, e así dar unha imagen de normalidade. Nos seguimos o noso ata as 4 da tarde. Os militares xa marcharan moito antes. O rematar fomos a comer a carpa de Lira, onde as voluntarias da vila nos ofreceron paella, ensalada e salpicón, ademáis de café e turrón de postre. Ese día lles entregamos unha foto firmada por todos en agradecemento por todo o que levan facendo polos voluntarios cada día dende hai xa 6 meses, sen axuda nin subvención da Xunta. XOVES 8 de Maio. Praia de "O Rostro". Fisterra. Galería 6. Terceiro día en "O Rostro" Sur. Os militares seguían instalados no Pabellón e o seu carácter apático xa traspasara o personal do Pabellón. Na praia non os vimos, creo que estaban nas rochas do lado Norte. Nos tivemos que quedar recollendo graniños de petróleo na area seca do lado Sur, esperando a que baixase a marea pra voltar a beira, o punto no centro da praia onde o sábado anterior retiraramos mais de 6 toneladas de chapapote con area entre galletas que chegaban coa marea e petróleo que estaba enterrado. Sobre as duas da tarde a marea xa estaba o suficientemente baixa e dous de nos nos achegamos a aquel lugar e atopamos miles de galletas, moitas delas bastante desfeitas, na beira. Voltamos correndo onde estaba o resto e lles avisamos pra que viñeran a axudarnos. Traballamos na beira e foi difícil coller o petróleo porque había moita resaca e o fuel fica xusto na beira, así que houbo que arriscarse e meterse un pouco na augua pra alcanzar o chapapote. Eran galletas como as que atoparamos a semana anterior, chegando a medir mais dunha man. Moito estaba desfeito. Non puidemos cavar porque xa non nos quedaba moito tempo e non tiñamos suficientes palas nin bolsas grandes. Mentres traballábamos se nos achegou un periodista da Cadena SER e nos entrevistou. Por certo, este día veu connosco dende Vigo un periodista que estaba autoproducindo un documental sobre o voluntariado e as consecuencias do Prestige coa axuda doutros dous periodistas. Trouxo unha cámara de video dixital e nos filmou todo o día e nos entrevistou. O problema e que o documental era para TVE e non hay garantías de que se emita, e sen censuras. Galería 6. SABADO 3 de Maio. Praia de "O Rostro". Fisterra. So tres días despois regresamos a “O Rostro” pra continuar o que non puidemos rematar o mércores por culpa da marea. Por certo, que quen decide enviarnos a Finisterre debería ter en conta o calendario de mareas porque case sempre nos envían en semanas en que a marea sube ou baixa a mediodía, co cal so podemos traballar a mitade do tempo porque o traballo esta na orilla ou en zonas de rochas inaccesibles. Esta semana a marea estaba baixa subindo sobre a 1 ou as 2 da tarde. Cando chegamos a praia os militares xa estaban traballando no centro da praia. Levaban dende as 7 ou 8 da maña. Eran un grupo grande, o doble ou o triple que o noso, e se lles vía muy manchados de petróleo por todo o corpo. Ollabase moita actividade, non necesariamente de traballo. Tiñan moitos capachos e palas, a maioría en repouso, e tres bolsas grandes cheas de chapapote con area, unhas 6 toneladas en total. Según nos achegabamos o centro da praia, onde elos estaban, íamos atopando bolas de chapapote, ten aspecto de pedras, coma cantos rodados, dun color negro ou gris con puntiños brancos (area), de lonxe parecen pedras de granito. Había de todolos tamaños, dende granos ata bolas do tamaño dunha man. Ianse agrandando a medida que nos achegabamos a zona onde estaban os militares, o epicentro. Un compañeiro empezóu a cavar e atopou moito máis, así que nos recomendóu que deixásemos as bolas e cavásemos. Fomos coller unhas palas dos militares e o cavar medio metro ou menos atopamos unha capa de petróleo duns 30 cm, a veces puro e espeso, a veces gris e arenoso, coma hormigón. Aquelo puxose feo, non era ningunha broma o que había alí embaixo, o cavar cara os lados vimos que aquelo non era un punto aislado, era unha autentica estrada de petróleo proveninte dalgunha das mareas negras do Prestige, tal vez da terceira ou dunha mais recente, quen sabe. Pero a estas alturas, 6 meses despois do afundemento, era increíble atoparse ainda esta cantidade descomunal de chapapote. A todo isto hay que dicir que traballamos de costas a marea, que estaba subindo, así que a urxencia era maior e había que apresurarse o máximo posible, retirando area a un lado, logo o petróleo que estaba debaixo, logo outra vez a area, e así sucesivamente. Chegamos a abrir unha zanxa duns 10 metros de longo e non nos movimos moito mais porque o traballo era moi duro e so éramos entre 30 e 40 voluntarios. Era como para pasar una excavadora e levantalo todo. Seica precisamente nesa praia varias veces pasara unha excavadora pola maña cedo e con voluntarios se retiraran preto de 10 toneladas, pero nunca participara en algo así despois de 2 meses vindo de voluntario. O que te esperas e que haia cada día menos e non mais, que e o que en realidade nos esta a pasar, exceptuando claro as primeiras mareas negras en novembro y decembro. Estivemos 2 horas e media traballando con moitas dificultades porque non tiñamos capachos suficientes pra todo o petróleo que había. As bolsas grandes tampouco sobraban, so tiñamos 6. A excavadora viña constantemente a levarse as bolsas dos militares pero pasaba ampliamente de nos. Tamén estaba unha cámara da TVG facendo barridos a ras de chan e filmando os militares, a nos nin se achegou. Supoño que estaba filmando para os arquivos da TVG, porque esta claro que non o van emitir. Cando a marea subiu, os militares empezaron a irse e nos seguimos un pouco máis. O final coma sempre apareceu un empleado de Tragsa, impecable, me lembraba a Michael Knight, pero sen o coche fantástico. Nos dixo que non seguiramos porque a marea estaba subindo, xa non tiñan máis bolsas e o operario da excavadora xa non ia a recoller nada mais porque ia terminar a sua xornada laboral [¡#$*?]. En total debimos retirar unhas 6 toneladas de chapapote con area, e ainda que traballamos só esas 2 horas e media, foi coma se traballasemos todo o día, porque a pala tiraba moito. Rematamos todos empapados de suor, pero con sensación de impotencia por todo o petróleo que quedou enterrado debaixo e non puidemos sacar. Pero eso si, o desanimo que viñamos arrastrando todos eses días atrás se nos quitou co subidón de adrenalina que nos proporcionou o traballar tan duro, rendindo tanto, e retirando tanto fuel. Por certo, retiramos en 2 horas a mesma cantidade de petróleo (6 toneladas) que os militares, que eran moitos mais que nos, en 6 horas. Xa pra rematar non me quero deixar atrás o que nos atopamos no Pabellón o chegar pola maña: os tres militares que quedaran o "cuidado" das instalacions. Dous deles estaban nunha mesa o entrar, comendo pipas. O fondo nunha oficina improvisada estaba o tercero, o que parecía máis ocupado, diante do ordenador, só que en realidade estaba xugando o solitario. Pero non remata ahí, o mellor de todo e que estaba escoitando cancions da lexión. Só lle faltaba a corneta y a cabra. Un dos nosos compañeiros escoitou a un dicindo "aqui vienen estos a molestar". MERCORES 30 de Abril. Praia de "O Rostro". Fisterra. Galería 6. Cando chegamos o Pabellón de Fisterra, os militares seguían instalados alí, como a última vez que estiveramos alí, pero os militares non estaban alí a esa hora. Nos vestimos e fomos a Praia de “O Rostro”, lado Sur esta vez. Un empleado de Tragsa nos acompañóu e nos explicou en voz baixa o que se estaba a facer na praia. Cara a mitade da praia había bolas de chapapote que chegaban coa marea e tamén capas gruesas de petróleo enterrado baixo a area. Un grupo de nos se dirixiu a ese lugar e coa axuda de palas cavaron e sacaron o que puideron a contrarreloxio, porque a marea xa estaba subindo. O resto dos voluntarios, que non puidemos escoitar o que dicía o de Tragsa, baixamos a beira do mar a recoller algunhas bolas de petróleo con area, que a simple vista parecen cantos rodados de granito negro. Como non había moito diso, fomos as rochas que estaban a esquerda da praia. Era unha extensión bastante grande de rochas e estaban cubertas con algas petroleadas. Se retiraban con facilidade porque o fuel era fresco, e o quitalas as rochas quedaban case limpas. O de Tragsa viunos traballando alí e achegouse pra pedirnos que deixáramos de limpar iso, que non era petróleo. Dende logo que o era, de feito cheiraba bastante a fuel e víase moi negro. Ademáis había bastante que retirar alí e os capazos enchianse deseguido, pero o coordinador insistiu en que era mellor que foramos co resto do grupo, o centro da praia, onde estaban enchendo os capachos sen pausa. Como a marea xa estaba subindo pra eles, o home dixo que foramos a zona alta do areal, a recoller graniños e “lentellas” de fuel. Estaba empeñado en que deixásemos as rochas, dicía que iso xa se limpiaría o día seguinte, pero, nos votamos o sábado e as rochas teíñan como unha costra negra. E dicir, que seguramente as algas petroleadas secaran co sol e se pegaran as rochas. Se as retiraramos o mércores as rochas querian limpias. Pasamos o resto do día na area seca da parte alta da praia, recollendo as boliñas de fuel, que non eran poucas, ainda que unha vez retiradas as máis grandes so quedaban graniños moi pequenos. O traballar así durante tantas horas nos desmoralizóu bastante. Non entendemos que nos impidan limpar o que consideramos prioritario e que nos fagan limpar algo que debería facer unha maquina. Son tácticas da Xunta e do Gobierno central para que nos agotemos e deixemos de vir coma voluntarios. Queren que nos cansemos por nos mesmos porque se cortan o voluntariado de pronto perderían votos, y as eleccions municipais están o caer. Mentres traballabamos se nos achegaron dous periodistas de Telecinco. Nos filmaron, nos entrevistaron e lles dixemos todo o que pensamos. Foron bastante comprensivos e atentos connosco e non nos censuraron. Telecinco sigue sendo o único canal de TV en España que se compromete co desastre do Prestige y coa verdade. O marchar apareceu un coche de Tragsa. E curioso que sempre aparecen o principio e o final. LLe pedimos o empregado se podía subirnos unhas caixas de comida e material no coche e accedeu de mala gana, dicindo que non teñen obligación de facelo, que se o facia era porque él quería. O regresar o Pabellón as 5 da tarde nos deu case vergoña entrar alí, parecía que entrábamos no dormitorio de alguen. Os militares estaban tirados nas colchonetas, coa tele prendida, xugando as cartas, etc. Outros estaban xugando o fútbol no campo anexo ou facendo footing nas inmediacines. Cando xa estabamos subindo o bus pra marchar un sarxento fixo que uns cantos soldados formasen diante de nos, coma en castigo por algo. Galería 6. XOVES 24 de Abril. Cabo Touriñán. Muxía. O noso segundo día en Muxía foi distinto do anterior. Pasaran duas semanas e ainda que na Lonxa ainda estaba o servicio dos voluntarios, os militares xa non estaban alí pra servirnos, se retiraran catro días antes e no seu lugar so quedaban o patrón da cofradía de pescadores de Muxía, duas voluntarias da vila na cociña e outras duas voluntarias de fora que estiveran connosco en Cabo Touriñan duas semanas antes. Precisamente elas nos contaron o que lles sucedera a elas e a outras voluntarias uns días antes, cando se manifestaron na vila coas mans atadas e amordazadas, simbolizando as limitacions e o silencio o que nos confina o Goberno os voluntarios e afectados polo Prestige. Protestaban contra a retirada dos militares, as declaraciones do Goberno de Aznar asegurando que a Costa Gallega esta completamente recuperada, e a inxusta e prematura apertura da pesca na zona. O que pasou foi que os cidadans (cidadans?) de Muxía, condicionados polo seu alcalde do PP, se enfrentaron as manifestantes e consiguiron que se expulsase a unha das voluntarias do Pabellon. O patron da cofradia estaba moi desanimado por todo isto. Estaba recibindo chamadas de grupos de voluntarios doutras partes de España e tivo que dicirlles que non viñesen porque non podía garantizarlles o aloxamento, xa que o pabellón, a lonja e as carpas que solían albergar os voluntarios estaban a punto de desaloxarse. Na zona das calas e acantilados vimos a trabajadores de Tragsa limpando as rochas con maquinas de auga a presión. Os militares (FAS) xa non estaban e non vimos grupos de voluntarios. En Cabo Touriñan o panorama era o mesmo que duas semanas antes. Eu estiven traballando nunha parte alta do coid, onde terra, barro, herba e raíces estaban misturadas e enmarañadas con chapapote, sendo moi complicado separalas e incluso distinguir o petróleo do barro. Había unha capa seca por riba e houbo que arrancar todo iso. Era curioso ver como surxía vida entre tanto caos. Lembrabame a "Wasteland" de T.S.Elliot ("April is the cruelest month...") MARTES 15 de Abril. Coído de Ximprón. Lira, Carnota. O día que nos dividiron porque necesitaban voluntarios para traballar en serio na Cala do Ximprón en Lira, pero tamén necesitaban voluntarios que fixesen de extras na pantomima desinformativa que TVE estaba filmando o mesmo tempo na praia principal de Carnota, na bahía, como soporte en imáxes para os recentes comentarios de Aznar dicindo que a recuperación da costa galega era completa. Que mellor que a inmensa praia de Carnota, xusto na fronteira que a Administración marcou para a apertura da pesca, de Carnota para abaixo. Ademáis esa praia e tan amplia que a simple vista, ou a vista de cámara non se aprecia que teña moito petróleo, nembargantes basta con achegarse as dunas e agacharse pra poder apreciar que a area esta salpicada de pequenas galletas, lenguas e lentellas de petróleo, coma se chovera fuel do ceo ceo. Pero non se preocupen, no telediario non o van a apreciar, ainda que se pasaron a Semana Santa en Carnota seguro que se mancharon os pes de petróleo, moi tóxico e canceríxeno, por certo. Pero en fin, queda pouco mais dun mes para as elecciones e hay que saber promocionarse ainda que sexa mentindo. XOVES 10 de Abril. Cabo Touriñán. Muxía. O noso primero día na Zona Cero, case 5 meses despois de que o Prestige fixera a sua primeira chamada de socorro frente a estas costas. O mesmo paseo que enton víamos cuberto de negro ata as lámparas das farolas víase hoxe resplandecente, mes e medio antes das eleccions. Recordemos que Muxía non e como as Rías Baixas ou Carnota, aquí a gente esta mais dividida entre os que apoian a Nunca Mais e os incondicionais que defenden o PP. A lonxa seguía a disposición dos voluntarios e atendida polos militares, tamén o pabellón, pero por pouco tempo. O lado da lonxa se estaban preparando duas carpas pra os voluntarios que chegarían en Semana Santa de todas partes de España. A lonxa estaba a punto de ser devolta forzosamente os mariñieros para a suas actividades despois de 5 meses sen subastar nada. O problema e que todavía estaban voltando coas suas redes cheas de chapapote cada vez que saían pescar. A lonxa estaba empapalada coas lembranzas dos miles de voluntarios de todo o mundo que pasaran por ali dende decembro. Lembro ver camisetas, bandeiras, pancartas, posters, murais e cartas de voluntarios de sitios tan lonxanos coma Burkina-Faso ou Colombia. Unha vez listos subimos nun autobús que nos levou ata Cabo Touriñan. Polo camiño vimos grupos de voluntarios e militares nas praias e coidos. En Cabo Touriñán baixamos camiñando a un coido totalmente negro. Era petróleo moi negro, moi pegaxoso. As pedras eran moi grandes e nos dedicamos a quitar o que poidemos de arriba primero, que era pouco e xa estaba moi seco na superficie superior das rochas. O máis groso estaba debaixo, así que tivemos que mover moitas pedras empurrándoas coa man e con barras de ferro. Debaixo o panorama era desolador, había moito chapapote acumulado. Unha moza de Barcelona con bastante experiencia nisto, que xa estaivera na zona durante varias semanas, dixo que había 21 lugares mais coma ese na zona de Muxía, todos iguais de afectados. Debaixo da rampa de hormigón que descendía a beira había ainda máis petróleo. Foi un día moi duro, con chuiva, humedade y frio. O voltar a Muxía nos repuxemos cunha sopa ben quentiña ainda que demasiado salada que nos serviron na lonxa. XOVES 3 de Abril. Coído "Areas Brancas". Carnota. Saindo de Carnota cara o norte hay unha zona de coidos e praias pequenas. Chegase por camiños dende a estrada pero o paseo paga a pena. Hay que pasar por unha zona de bosque baixo e prados delimitados por muros de pedras baixos. E bastante bonito. Incluso lembro unha hilera de abetos e un burro pastando por alí. Dende logo había pinos, toxos e todo iso. Falando xa do coido, hay que dicir que o que atopamos alí era unha barbaridad. Había moitísimo chapapote pero estaba misturado con area, como batido todo, non parecía que a arena chegara alí de forma natural, senon máis ben que alguen a botara por riba. O coordinador, un bombeiro voluntario de Valladolid dixonos que cría que os militares botaran area por riba das pedras pra que a mistura dos golpes da mar coa area raspase o petróleo das pedras, pero a verdade e que e unha barbaridade porque iso podería estar ben se as pedras tivesen unha capa fina de petróleo, pero non era o caso xa que debaixo das pedras había moita acumulación de chapapote, e o quitalo tivemos que desperdiciar moita area, que xa so serviría para a fabricación de ladrillos. Todos nos, que xa temos bastante experiencia nisto, quedamos moi sorprendidos pola cantidade de petróleo que atopamos alí. Facia falla mascarilla porque o fedor era moi toxico. Ademáis a area tapara auténticos charcos de chapapote que o quedar de novo o ar despois de quen sabe canto tempo esprendían un cheiro moi forte. Todos tivemos a impresion de que aquel chapapote podia ser bastante novo, dalgunha marea negra recente, e que alguen tapara con area para que dende o avión de recoñecemento non se aprecie que a costa esta dañada, mes e medio antes das eleccions. Por certo, tivemos que valernos de palancas y barras de ferro pra mover as pedras grandes y alcanzar o petróleo que estaba embaixo delas. Era moi viscoso e puro, sen apenas auga, coma unha crema de cacao. Non era difícil encher as espátulas dunha soa vez. O final quedamos reventados como non, pero nos repuxemos gracias a comida quente que nos serviron as señoras voluntarias na carpa do porto de Lira, Carnota. Paga a pena dicilo: empanadillas de hoxaldre con bechamel e espinacas, lentellas e paella. XOVES 27 de Marzo. Praia de "O Rostro". Fisterra. Galería 6. Non teño moito que contar deste día. A marea estaba alta e iso nos impediu traballar nas rochas ata poucas horas antes de regresar. Quen coordina os grupos de voluntarios e os destinos debería ter en conta as mareas pra sacarnos mellor partido. Empezamos na area pero había moi pouco que recoller. Bastante menos que o 2 de Febrero nesa mesma praia. Cando puidemos acceder as rochas, trepando básicamente, atopamos bastante fuel. Eran pegotes frescos e viscosos entre as grietas e nalgunhas pozas que se formaban entre as rochas. O final, cando xa case estábamos recollendo, empezaron a chegar galletas a beira, adoitan vir cando baixa a marea. Tivemos novas de que esa mesma maña as 8 unha excavadora atopara unhas 8 toneladas de petróleo baixo a area, como xa sucedera unha semana antes. Lembro que había voluntarios de Granada na praia e outros de Coruña. O pabellón de Fisterra estaba ocupado por militares. Por certo, había unhas latas de zumo de mandarina de Murcia, envasado especialmente para os voluntarios que veñen a Galicia e prohibidas para a venda. Galería 6. VENRES 21 de Marzo. Dunas e marismas de "Boca do Río". Carnota. O día perfeito, non vou dicir por que, pero si que fixo un tempo moi bo, que estivemos nun sitio moi bonito, con dunas, lago, delfins... Como e costume cando se vai a Carnota alguns quedaron a reciclar material no Pabellón. Dos demáis alguns queixaronse porque tivemos que baixar camiñando dende o Concello de Carnota ata a praia principal, abaixo na bahía, ainda que o paseo foi moi agradable e fomos guiados por dous cans moi simpáticos da vila que non tiñan nada que facer ese día e nos fixeron compañía o resto do día. En Carnota ata os cans son amables. Cruzamos unha pequena ponte sobre un río, continuamos por unha zona de dunas e chegamos a esa praia, unha bahía de uns 7 Km, a praia mais longa de Galiza. Tivemos que camiñar media praia cara a dereita e vimos un delfín saltando non moi lonxe da beira. Logo fuimos as dunas, e quedamos o redor das lagunas recollendo galletas pequenas de chapapote. Foi un traballo cómodo pero interminable porque había moitísimas boliñas de fuel entre a area e se escarbábamos atopábamos ainda máis. Seria de tolos non retirar ese fuel porque e unha praia preciosa moi boa para o turismo e esta botada a perder, tanto que eu non lle recomendaría a ninguen que camiñase descalzo por ahí. Uns días despois a Universidade de Vigo utilizóu neses arenais unha maquina capaz de detectar fuel baixo a area e atoparon unha estrada de chapapote soterrada e quitaron preto de 10 toneladas de petróleo. XOVES 20 de Marzo. Praia de "O Rostro". Fisterra. Galería 6. Ese día fixo bastante calor. O petróleo estaba derritido e chorreaba polas rochas, desprendendo bastante olor. Había area sobre as rochas, supostamente arroxada por Tragsa pra ocultar o fuel. O día seguinte a excavadora atopou unha capa de 8 toneladas de petróleo enterrado baixo a area. Galería 6. XOVES 13 de Marzo. Traba, Laxe. A nosa experiencia en Laxe foi a outra cara da loita contra o chapapote, a loita contra as barreiras humanas que nos impiden traballar. Foi unha grande decepcion, sobretodo para os voluntarios que vineron aquel dia por primeira vez e que se voltaron a casa de baleiro. Primeiro unha viaxe pesadisima de mais de tres horas por autoestrada ata Santiago e estradas secundarias ata a Ria de Corme e Laxe. Dende a estrada xa se podian ver grandes bolas negras na praia sen embargo non habia ningun voluntario ademais de nos, tampouco vimos nin unha soa bandeira de Nunca Mais. A vila parecía deserta e por certo o seu casco antigo moi limpo e coidado, quizais tena algo que ver nisto que por alí filmase a serie da TVG “Mareas Vivas”. Cando chegamos ofreceronnos un almorzo “estilo portugués” nun restaurante con todo-los gastos pagos pero rematamos cedo para poder comezar a traballar. Non había ningún pabellón onde acollernos. Non semellaba unha vila frecuente entre os que solicitan voluntariado, porque non estaba nada organizado. O chegares o centro de Laxe recibironnos uns empregados de Tragsa e repartiron primeiro pegatinas do Ministerio de Medio Ambiente (poucos días despoís do relevo de Jaime Matas como Ministro). Ademáis entregaronnos a cada un de nos unha folla do MMA que aclaraba que a labor que iamos desempeñar era de “retirada de fuel”, non de “limpeza de praias”, así que non importaba que a seguinte marea voltase manchar a praia senón que o retirado xa no voltaria o mar. Non fai falla que diga que cada un de nos fixo o que lle pareceu mais xusto coas pegatinas e as follas. A continuación deponnos os equipos, mais novos e de estreo que nunca ( case que me atrevería a dicir que de diseño). Eso si, tivemos que vestirnos no paseo da praia, ou sexa, na rua. Unha vez equipados baixamos a praia principal de Laxe. Chamoume a atención que o correspondente letreiro do Ministerio nen sequera estaba cravado na area. Na praia habia un rastro de bolinas negras e de cando en vez uns montons de turba. Tremendos pedazos de madeira carbonizada que según os paisans pertencia a un barco que levaba corenta anos afundido nas proximidades e enviando eses trozos pesados de turba. En definitiva, que non era chapapote do Prestige. Parecía unha broma, facer que corenta e sete persoas percorran toda Galicia para limpar a praia da vila duns despoxos que durante 40 anos ven tindo recollido funcionarios do Concello. O mais irónico e que a folla do Ministerio dixera que non se trataba de limpar praias senón de retirar fuel. Os capachos por suposto enchéronse deseguido e ainda quedaba moito mais por recoller, pero o único tractor que había na praia estaba sen conductor e ainda houbo que chamar o encargado ( de Tragsa ) para que viñese movelo e así poder descargar nel os capachos. Ante semellante situación decidimos que non iamos seguir recollendo iso e exisimoslles os responsabeis de Tragsa que nos levasen onde estaba o chapapote. O encargado de Tragsa, un enxeneiro forestal de fora de Galicia, non deixaba de decirnos canta razón tiñamos para indignarnos e canto dereito a protestar pero non se facía responsable do que sucedera alí e nos remitía os encargados de Asuntos Sociais do Concello de Laxe e da Xunta de Galiza que solicitaran axuda dos voluntarios para Laxe. Nos recomendou que fosemos o Concello a presentar unha reclamación e así o fixo. A nosa coordinadora e un voluntario foron alí e conseguiron presentar a demanda pero a cambio foron insultados e calificados de pedigüeños que ven so polo bocadillo. O home de Tragsa dixonos que habia encargados de Asuntos Sociais que cobran por solicitar voluntarios. Todo comezaba a coller sentido, tamen que nos deran aquel almorzó e uns equipos totalmente novos, dando así negocio as empresas que o fabrican, entre elas a de Cuiña. Mentres tanto os voluntarios esperabamos no porto a que nos ofrecesen unha alternativa. Os tres de Tragsa nos propuxeron levarnos en pequenos grupos ata a praia de Traba, a 8 km do centro de Laxe. O traslado houbo que facelo en coches da Policia Local e de Tragsa. Pronto nos decatamos de que non daría tempo a levarnos a todos e que o día xa estaba perdido. Mentres esperabamos no porto había quen se desesperaba discutindo con algún paisán que nos miraba con recelo. Por outra parte un marineiro nos recitou un poema narrativo que escribira e publicara sobre o Prestige. Entretanto vimos un camión do Exército pasar por diante das nosas narices e dar volta alí mesmo para voltar marchar, coma se non pasase nada. A continuación un dos seus autos fixo o mesmo. A media hora repetiuse a mesma escena. Parecía que estaban a facer un circuito, coma para figurar pola zona e que pareza que hay presencia e maniobras militares, pero esta vez detiveronse. Tres ou catro militares descenderon e se dirixiron a nos. Un deles vina moi solto, cuns andares entre Mel Gibson e He-I-Joe, moi machote el, a ver que pasa. Reunironse a fumar xuntoo quiosco, sen presa, que hay tempo. Todos estabamos pensando que deberían levarnos a praia, para iso estaban ali, para axudar, ¿ou non? O ratono-lo propuxeron, e uns oito voluntarios nos achegamos o camión e subimos como cuidemos, eses malditos camions tan altos, que e como montar a cabalo. Arriba estaban tres soldados que mais ben parecían milicians, sentados o fondo sobre uns bultos. A rapaza diante sentada coma se estivera ante dunha fogueira en medio dun bosque de noite e mordéndo as uñas. Detrás, un pouco mais atrás tiña a cada lado un rapaz recostado sobre os bultos. Os voluntarios iamos sentados en banquillos a cada lado do camion. Aquello parecia unha licuadora en vez dun vehículo. Media hora dando tumbos e golpes coa estampa dos milicians no centro e o fondo coma se nos levasen a dar “o paseíllo”. Ainda asi eran simpaticos os tres, paisans da nosa provincia, ainda que estaba claro quen mandaba dos tres. O chegares a praia de Traba nos atopamos cunha tenda dos militares, outro camion do Exercito e un posto de Tragsa levado por un curioso elemento parlante que me sonaba moito de vista, eu creo que o vin nunca reportaxe de televisión sobre o Prestige, como marineiro afectado pola catastrofe. ¡Que curioso que os militares e os de Tragsa estiveran instalados ali e non na praia de Laxe! Supono que se reservan para eles o chapapote, asi o emprego duralle mais meses e mentres envian os voluntarios onde non hay petroleo para que regresen dicindo que xa non hay chapapoyte na Costa da Morte. En fin, collimos os capachos e as espátulas e nos diriximos cara a uns acantilados o Sur (a esquerda) da Praia de Traba. Ali a paisaxe e moi distinta a de Carnota, por ejemplo. E unha paisaxe tipica de terras altas, moi nordica, moi escocesa, con prados moi inclinados e muros de pedras baixos e cuadriculados. De pronto atravesa un camino de terra e logo os escarpados acantilados. A dereita unha praia enorme, dunas e o mar moi picado con olas altas e constantes. Mar aberto. Baixamos polo acantilado como cuidemos, por un Barreiro, apenas unha grieta de terra. Abaixo, no coido, o fuel estaba case seco, moi duro e pegajoso, había que raspar o que se pudiera e lanzar as pedras a auga para que se mellasen. Estaba todo moi negro e había bastante, e para colmo non cegaban reforzos. So cuidemos traballar unha hora e o regresar, tras superar o parlanchín de Tragsa e a viaxe de regreso na cocteleira, atopamonos cos nosos compañeiros no porto de Laxe. Non pudieran ir e os militares dixeronlles que o outro camión se lles estropeara. Comimos algo rápido, a algunhas ocurriuselles ir a un bar e case non saen vivas de alí, chamaronlles “bloqueiras”. Estaba claro de que partido son nesa vila. Nos fomos de alí desexando non voltar. XOVES 6 de Marzo. Ximprón/Ardeleiro. Lira, Carnota. Galería 1. Lembroo como un día bastante ameno. En Carnota había moi bo ambiente, con moitos voluntarios de outras partes como Albacete. O bo tempo nos acompañóu toda a xornada ainda que tamén nos fixo pasar calor. Un grupo duns dez ficaron na carpa de reciclaxe de material que esta a caron do pabellón. Dende o Concello de Carnota baixamos a Parroquia de Lira, o sur, as calas que están en mar aberto. A paisaxe lembra algo o que hay a saida de Bayona en dirección a Garda. Nos puximos as botas nunha nave que esta xunto as calas e baixamos co noso coordinador, un bombeiro voluntario de Valladolid, a cala de Ximprón. Coincidimos cunha parella do Leste de Francia que levaban varias semanas en Carnota como voluntarios. En Ximprón o traballo consistía básicamente en limpar os cantos rodados do chan e levalos en capachos a beira para que as olas as limpasen por completo. Dispuxemos de bastante material de traballo. Con espátulas raspábamos o chapapote das pedras o máximo que podíamos e logo as depositábamos nos capachos para que os levasen a beira. Alguns voluntarios traballaron nas rochas que están os lados do coido. Un mozo meteuse entre esas rochas e rematou mareándose polos gases que emanaban das rochas debido o calor. Había bastante petróleo e sobretodo estaba moi derretido polo calor. Entre as pedras se podía ver como fluía ca agua cala abaixo, teñindo a agua dunha cor amarillenta e aceitosa. Tras catro ou cinco horas de traballo paramos e voltamos a nave industrial para quitarnos as botas no corredoiro de desintoxicación. A continuación fomos a unha carpa que esta no porto de Lira. A carpa alberga a máis de cen persoas e esta decorada coas lembranzas de tantos e tantos voluntarios que pasaron por esta localidad da Costa da Morte nos últimos meses. Esta atendida por voluntarias da vila que cariñosamente preparan comida quente cada día para varios grupos de voluntarios. Aquel día recompensaron o noso esforzo e a nosa solidaridade con sopa quente e salpicón. Non me podo esquecer de Gabriele, que ese día estivo connosco e acadou unhas fotografías moi boas que vos recomendo ver na Galería 1. VENRES 21 de Febreiro. Praia de "O Rostro". Fisterra. Saímos de Vigo as 7:15 como de costume e fomos por autopista ata Padrón. Entón saímos e nos diriximos a Negreira, atravesando montañas e prados en dirección a costa. Ollamos de novo o mar en Cee, Ría de Corcubión e continuamos bordeando a costa ata Fisterra. O chegar pasamos primeiro polo pabellón. Había un grupo de voluntarios de Ourense que pasaran a noite alí. O desayuno incluía turrón e lembro varias pilas de caixas de laranxas, algo pasadas, cortesía de Levante para os voluntarios. A continuación nos equipamos e voltamos ó bus que nos levou a praia de "O Rostro". Alí estaban instalados os militares con dúas tendas grandes e un helicóptero. O grupo de Ourense xa estaba traballando.Empezamos no areal, recollendo grans de fuel coas nosas luvas. Era difícil facelo sen instrumental. Déronnos unhas escobillas feitas con xuncos arrancados das dunas e unidos con cinta adhesiva. Pero só servían pra varrer un pouco a area e separala dos grans. En xeral había moi pouco petróleo, e sen unha peneira era un traballo moi tedioso. Chamoume a atención non ollar ningún ser vivo entre a area, cando normalmente se atoparían pulgas brancas. Un poco máis arriba, nas dunas había un pouco máis aínda que era un traballo tamén moi selectivo. Varias horas despois fomos a dereita da praia, a retirar fuel das rochas. Alí o panorama era moi distinto e atopamos bastante fuel. As rochas que estaban a pe de praia se víanse secas, con un tono grisáceo, coma se fora cemento, pero se as rachabas te decatabas de que o que tiñan era arena mesturada con petróleo. As rochas que estaban cara ó interior e mais arriba tiñan fuel máis fresco. Lembro que atrapadas entre as rochas había redes impregnadas en fuel moi recente e negro. Un grupo dos nosos voluntarios conseguiron un "cutter" e cortaron a rede que encheu un capacho por completo. A ferramenta que nos deron para as rochas era moi escasa, apenas algunhas espátulas e trozos de texa. As mascarillas foron moi necesarias porque cheiraba moi forte, especialmente cando extraíamos o chapapote das gretas, deixando o descuberto petróleo que estivera agochado e sen ventilarse durante horas e posiblemente días. |