GALIZA
![]() ![]() |
A Galiza é un vello país europeo situado á beira do oceano atlántico no noroeste da península ibérica.
Ten unha superficie de 29.434 Km2 e unha poboación aproximada de 2.726.986 habitantes. Constituída
politicamente como comunidade autónoma integrante do estado español. O galego é a língua do país e a cidade de Santiago de Compostela a súa capital.
|
Os factores climáticos modelaron as rochas graníticas en suaves montes de cumios aplanados.
A morfoloxía permite diferenciar tres grandes grupos comarcais: as terras baixas do litoral;
as terras medias dende o escalón de Santiago ata o val do Miño e as terras altas no límite coa meseta.
|