• Anterior: Os tres 'padrenuestros'.
  • Seguinte: O xastre, o zapateiro e os ladrós.

    O AFILLADO DA MORTE

    Continuación de ' O padriño '


    (...)

    E fixeron o trato e bautizouse o fillo.

    Cando foi grandecho chamounos a Morte para lle dicir:

    - Eu prometinche de que ías ser moi rico.

    - Prometeu mais, como vai ser?

    .Pois vaste facer médico sen estudios. Cando saibas dun doente, vaste pe del. Se me ves de par da súa cabeza xa dis que non ten remedio: doulle para morrer. Se estou aos pes da cama, daquela é que aínda non é a certa daslle uns groliños de auga morna, uns lostregazos con ortigas, o que ti queiras, e xa verás cantos cartiños ganas.

    E foise o rapaz e fixo canto o seu padriño lle dixera.

    Un dia chamárono para asistir a un home rico que non quería morrer e deixá-los bens deste mundo, e ofrecéronlle moitos cartos. Daquela foi cabo del e cando chegou viu ao padriño ao pe do seu cabezal e fixo un mal aceno. Os da casa ofrecéroníle máis diñeiro. Era case unha fortuna e el non tiña nada que facer mais, eran tantos os cartos que o atentaban que se puxo a cavilar como faría. De súpeto, cando viu xa ao home no pasamento, foise e mandou:

    -¡Sacalo da cama!

    E ao deitalo de novo púxolle os pes para onde tiña a cabeza.

    O padriño acenou moi feo e o home salvouse mais disque o afillado morreu alí mesmo de pe, que a Morte tiña que levar unha alma e levouna.



    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...