Subíronse prá tribuna e puxéronse a traballar cada un no seu oficio. Aló pola media noite ouviron que os ladrós chegaban, e moi quedos deixáronos entrar con toda libertade. tenderon os ladrós no medio da eirexa unha saba e nela puxeron todo canto traían pra partir entre iles.
Mais neste momento en que non pensaban nada na outra
vida, érguese o xastre e berra con toda a forza do seu peito: "Acudide
aquí difuntos".
E o zapateiro, que non se deixaba agardar prás respostas, ciscando
todolos seus trebellos, contestóu: "Aló vamos todos xuntos".
Os ladrós tal medo colleron que nin un minuto pararon; fuxiron como chispas pola aldea embaixo, deixando todo o seu bén no medio da eirexa, o que souperon aproveitar o xastre e o zapateiro.
Logo que pararon os ladrós, dixo un deles: "Ben sería ir ver o que alí había, pois se cadra foi cousa do demo".
Atreveuse un e foi á eirexa e púxose a escoitar o que dentro pasaba. Pero naquil instante disputaban fortemente o xastre e mailo zapateiro por un real e, santo Dios, non habia camiño pra el; e ó chegar xunto dos compañeiros, díxolles. "Ai meus amigos!: moitos deben ser os que alí foron, pois aínda non lles toca a real".
Os ladrós que tal ouviron marcharon como lóstregos
daquelas terras.