• Anterior: As tres perras chicas.
  • Seguinte: Os canteiros e o viño.

    O BORRACHO NO CABALO

        Era un home que ía camiño da casa nun cabalo, e como viña da taberna, estaba borracho e non rexía ben, e cando montóu na besta, montóu ao revés, de cara pra o rabo da besta, ie agarróuselle ao rabo, e todo enfadado, dixo:
        -¡Mecachis en Rusia! ¿Quen foi o lapón que lle segóu a cabeza á miña besta?
        Ie, agarrado ao rabo da besta, decía que había pouco tempo que lla cortaran, que aínda a besta estaba quente.
        A xente que alí estaba revolvéuno, púxolle as bridas na man, e encamiñóuno pra súa casa.
        Indo camiño da casa, caíulle a zamarra, e tuvo que baixarse a recollela, e pensóu que atopara unha zamarra no camiño. Caíulle varias veces, ie iba na creenza de que eran zamarras que ía atopando, e íbaas poñendo encima da albarda da besta, hasta que, en chegando á casa, volvéulle a caír, e xa non quixo collela, i, na casa, díxolle aos netos que traía unha partida de zamarras que atopara no camiño, e que a última que xa xiquera a collera, que quedara cerca da casa.



     
    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...