• Anterior: O borracho no cabalo.
  • Seguinte: Que siga o enterro.

    OS CANTEIROS E O VIÑO

        Eran tres canteiros, que traballaban de compañeiros, e ós que lle gustaba moito o viño. Tanto bebían que non lles chegaba o que gañaban, e entón decidiron que de alí en diante o que o nomease, pagaría de multa o gasto de todos.
        Acordárono así e pasou un día, e pasaron dous, e pasaron tres.. máis, ¿quen se contiña? A sede tiñaos secos, e un día que estaban xantando os tres tiñan unhas caras moi tristes.
        Un dos canteiros, principiou a se laiar e dicía:
        -¡Ai dil, ai dil!
        E o segundo, comprendéndolle a intención, apoiaba:
        - ¡E que non se pode pasar sen el!
        Entón o terceiro, vendo que todos estaban conformes e sen rompe-la consgina, dixo:
        -¡Pois coller a xarra, e ir por el!
        E botando man da xarra foron polo viño, máis como ninguén o nomeara, pagárono entre os tres.



     
    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...