Eran dous homes que, indo por un camiño,
sentiron cucá-lo cuco, e díxolle un ao outro.
- Cucou para min.
Ao que o outro respostou:
- Non, ho, ¡ese cucou para min!.
E sobre desto tiveron tal disputa que acordaron
leválo asunto a un abogado. Ao chegar ao despacho contáronlle
ao señor abogado o choio que os levaba xunto del. E abogado díxolles:
- Poñan cincuenta pesos cada un e despois
dígolles para quen cucou o cuco.
Sacaron da carteira e botaron encima da mesa
os cincuenta pesos cada un. Entón o abogado, botando man aos cartos,
dixo:
- Nin para un, nin para o outro, o cuco cucou
para min.
.