Aló fai moitos anos, foi o Sr. Obispo de
visita a unhas parroquias; e chegóu a unha e foi noite, e tuvo que
quedarse. E, craro, quedóuse na casa do crego, i éste non
tiña máis que unha cama, i o obispo e o crego dormiron xuntos
por aquil motivo. Aló de noite, despóis de durmir un anaquiño,
o bo do crego despertou, e acordáronselle as pitas, e, dándolle
unhas palmadas no cu ao obispo, berróulle;
- ¡Marica, Marica! ¿E cerrache o burato
ás pitas?.
O chasco do crego foi grande cando se decatóu
que era o obispo o que tiña na cama (aquela noite a criada dormira
nun feixe de palla)