• Anterior: O andaluz e o galego.
  • Seguinte: Por qué San Pedro foi calvo.

    O home e a cobra

     

         Ía en certa ocasión un home por un camiño e atoupou unha cobra por baixo dun penedo.

    -Sacame deiquí -imploroulle a cobra

         Ó home deulle lástima da cobra e tiroulle o penedo de por riba. Mais a cobra estaba atarecida co frío e se non podía mover. Entón o home meteuna no seu seo e foise con ela pra súa casa.
    Mais en canto a cobra queceu, entroulle fame e díxolle ó home:

         -Ai, oh, voute comer.
         -Ai señora cobra -pregoulle il- non faga eso, que eu non llo merezo..
         - Nada, nada. Voute comer..
         -Bueno; pois entón imos onda un Xuez e que il decida
         -Vamos alá.

         Saíron e topáronse cunha raposa, espuxéronlle o caso e pedíronlle que ela decidise.

         -Eu pra decidir - díxolles a raposa- teño que ver como estaban as cousas.. Que se volva por a cobra por baixo do penedo.

         A cobra púxose onde estivera dentantes e o home volveulle por o penedo por riba.

         -Agora- dixo a raposa dirixíndose ó home- vaite pra túa casa e deixa que a cobra morra aí por desagradecida. .

     


    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...