• Anterior: O home e a cobra.
  • Seguinte: O pai moribundo.

    Por qué San Pedro foi calvo

         Cando Dios e San Pedro andaban polo mundo houbo caso que tiveron fame.
         -Pedro -dixo Noso siñoriño- vés alí canto fumega aquel tellado?; chégate alá que estarán cocendo e prégalles algo por amor de Deus.
         Foi San Pedro e déronlle unha bola paletiña, quente que pelaba; mais coa cobiza da fame, agachouna debaixo da pucha, voltando maus valdeiras.
    Calou Noso Señor e seguiron seu camiño paso a paso, San Pedro degorábase por peliscar na boliña; pero cada vez que o percuraba as furtadelas, faláballe o señor de calquer cousa:
         "Pedro, cata unha paleira de cobra"; "Pedro, non sei se aquel melro será melra"; "Pedro, mira que milliño tan serodio"; "Pedro, ¿estes carballos son de pola ou son de landra?"
         - ¡Son de Xuncras que me leve! -estoupou - Tome,
         ehi vai a bola, que queima que esfola,
         que me leva o curuto aburado
         ¡e o degonio que cargue coa bola!!!...

         Noso Señor botóuse a rir dicindo:
         - Pois agora come canto queiras, e mírate no primeiro regato que atopes.
         Así o fixo San Pedro e... tiña toda a cachola pelada.


    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...