• Anterior: Os cazadores que falaban do corzo.
  • Seguinte: A galiña asustada.

    A INTENCIÓN BASTA

         Unha vez era un paisano que se foi confesar, e díxolle ao crego:
     - Mire, señor cura, o outro día, ao pasar por diante da aira do tío Xan, vin un cabrito mui bon, e quíxeno coller, pero, como a cancela da aira taba pechada, non puiden collelo.
     Entonces díxolle o cura:
     - ¡Ai, hijo mío, la intención basta para pecar! ¿Cuánto valdría el cabrito?
     - Señor, o cabrito valería un peso, pouco máis ou menos.
     - Pues entonces tienes que traerme un duro, para descargar una misa en sufragio de las benditas ánimas del Purgatorio; de lo contrario, no puedo echarte la absolución.
     - Bueno, señor cura, bueno, xa lle traeréi o pesiño.
     O paisano foise a casa a buscar o peso, pero , en vez de darllo pola porta, dáballo pola rexa das mulleres. O cura dicíalle que llo dera pola porta, pero el insistía en darllo pola rexa.
     I, en vista de que non cabía por ela, díxolle ao crego:
     - Ai, señor cura, a intencion basta; tampouco o cabrito coupo polas bardas da cancela.



     
    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...