• Anterior: Os cinco pesos.
  • Seguinte: A intención basta.

    OS CAZADORES QUE FALABAN DO CORZO

        Un día, indo dous cazadores de caza, xuntáronse pra comer a contar as impresiós do día, e un contaba:
     - Eu, dun tiro, matéi catro perdices, e, de outro, matéi seis.
     O outro dixo:
     - ¡Home, xa está ben! ¡Pero aínda foi pior eu, que, dun tiro, atraveséillo o ollo e a perna ao corzo!
     - ¿E cómo pudo ser iso? Si lle deches na perna, non lle poideches dar no ollo.
     Entón o criado do outro remedóulle dicindo:
     - É que, cando o corzo saltaba un valado, ao levantar a perna á altura do ollo, foi cando lle ceibóu o tiro, e pasóulle da perna ao ollo.
     - Ai, así xa pode ser algo millor.
     Cando logo se quedaron solos o amo e o criado, díxolle éste a aquél:
     - Outra vez, meu amo, minta máis a modo,
     que costóume moito traballo
     xuntar a perna co ollo. 

     
    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...