O fillo dun labrador quixo ir pra o ferrocarril. O pai cansóu aos seus amigos e metéu no ferrocarril ao fillo.
Naquel tempo, o ferrocarril aínda non tiña retretes nos coches, i a xente tiña que baixarse nas estacións pra poder facer as súas necesidades.
Un día, na estación en que estaba destinado o fillo do labrador, baixóuse tanta xente que tuveron que facer cola pra ir ao retrete; pero un francés que tamén viña no tren, en vez de poñerse á cola, foise ao medio dun montón de sacos de fariña que había no almacén.
Véuno o ferroviario e foille chamar a atención, pero o francés, como non entendía, díxolle "Je ne comprends pas".
-Bueno, hombre - contestóulle o ferrovieario-, pero porque usté non compre o pan, non vai mexar na fariña..