A loba branca

 
    Preto dunha aldeiña do Courel, vivía unha manada de lobos que tiñan por xefa unha enorme loba branca. Un día os lobos levaron varios terneiros dunha corte, así que as xentes da aldea decidiron dar unha batida para caza-los lobos. Cando os cans deron ca manada de lobos, a loba branca
atacounos mentres o resto da manada fuxía, e inda que conseguíu matar algúns e librarse do resto non puido librarse das escopetas. Os homes arrincaronlle a pel pensando que poderian vendela pola rara cor.Aquela noite a xente espertou asustada por mor do preto que se oían os oubeos dos lobos, cada vez oianse máis preto ata que chegou un intre no que os lobos oubeaban nas portas das casas.
    Os homes sairon as fiestras cas escopetas para matalos pero só vian sombras que desaparecian na escuridade da noite, inda que non podian velos disparaban onde intres antes se movera unha sombra, pero non conseguiron que cesaran os oubeos. O sair o sol cesaron os oubeos, os homes buscaron os corpos dos lobos pero non atoparon nen rastro deles. Deron outra batida pero desta vez nen sequera viron ós lobos. A noite voltaron os lobos pero non se conformaron con oubear o pe da porta subirone os teitos  das casas e puxeronse a oubear na chimenea. Os oubeos soaban como se os lobos  estiveran dentro da casa facendo tremer a todos co medo. Algún pensando que os lobos lle entraran na casa botou fora e nunca máis se soupo nada del. O amencer voltaron cesar os oubeos e con eles pararon tamén os tiros. A xente temerosa reuniuse na praza do pobo para decidir que facer.
    Algúns decian de dar outra batida pero a maioria pensaban que non eran lobos senon demos e cos demos non valen as batidas porque non se lles pode matar. Andaban a discutir sen saber que facer cando unha muller con fama de meiga, berrou: ¡¡veñen pola loba!!, calaron as voces e as miradas dirixironse cara ela. "Levade a pel ó craro que hai no medio do bosque",dixo. Logo achegouse o que matara a loba e ordeoulle: Leva o corpo e deitao sobre pólas de teixo de maneira que lle de o luar. O home fixo o que lle mandou a muller, mentras o resto da aldea preparabase para pasar a noite.
    A noite voltaronse oir os oubeos dos lobos pero non soaban xa na aldea se non no craro do bosque onde deixaran a pel da loba. Os lobos rendianlle o derradeiro homenaxe á que fora a sua reiña.
    O raia-lo sol cesaron os oubeos e os veciños non voltaron ver dende aquela noite a manada de lobos.Inda que nas noites de lua chea podense oir os seus oubeos e algúns aseguran que nesas noites podese ver a luz da lua a manada ca loba branca a cabeza.

 


Páxina anterior
Páxina Principal

Escribeme!...