![]() |
Na tradición popular galega, o lobo é
o nemigo principal do home entre os animás, un ser maléfico
e endiañado, nocturno, dotado de poderes máxicos.
O lobo non pode andar nin acometer máis que
de noite, tempo dos espíritus e das pantasmas; e nictálope,
ve no escuro, e, en troques, fuxe da luz e do lume, e tamén da música.Os
seus ollos de noite teñen unha fulguración extrana, brilan
como brasas, hasta confundirense coelas. Tén tanta forza na vista,
que produz unha sorte de fascinación, e, por eixemplo, en Parada
do Sil, din que a forza dos ollos do lobo estroi o fogo das escopetas,
e asina, os tiros que se lle tiran de noite, nono matan. En Rodeiro (Lalín)
din que non se lle debe disparar de frente, pois diste xeito non sai o
tiro, sinón por detrás ou de costado.
(...)
Pra se botar á xente,
xúntase sempre con outros; van acompañando a certa distancia
ó camiñante que vai de noite, e cando vai chegar onde pode
haber xente, é cando o acometen. Si un lobo soio logra matar un
home, soe tapalo con follas e vai chamar por outros pra comelo entre todos.
Cóntanse outras artimañas do lobo. Unha mnoi dina de nota
é a seguinte: cando ve que a víctima (besta ou facenda) pódese
defender, procura cegala, emborcallándose nunha lagorza e sacudíndose
despóis pra botarlle barro ós ollos, do mesmo xeito que din
que fai a águia cos veados, asegún unha creencia oriental
recllida por Plinio e moi recoñecida na Edade Media.
Cando pra se salvar do lobo, un home agatuña
por un árbore, o lobo é capaz de estalo agardando toda a
noite, ou ben ponse a rilla-lo tronco deica tumbalo.
O lobo produce no home dous
efectos moi especiáis: o arripío e o embazamento. O primeiro
consiste en que, cando o lobo ve ó home enantes de que o home o
vexa a il, o home sinte un arripío polo corpo, que lle pon tódolos
pelos de punta, tanto, que lle fair caír da cabeza a pucha ou chapéu,
e sinte que a roupa se lle pon froxa... Por informes recollidos dentro
e fora de Galiza, iste asunto foi posto a discusión non hai moito,
ocn motivo de telo posto de mañifesto Don Eugenio d'Ors. O embazamento
consiste no feito, ó parecer tamén comprobado, de toller
a fala o lobo ó home, nas mesmas condiciós devanditas.
A presencia, aínda non vista, do lobo causa no home unha compreta
afasia, que pode durar hasta oito días, acompañada doutros
fenómenos neriosos e fisiolóxicos. Istes efectos de verdadeira
fascinación apóñense a dúas causas: ben á
"forza da vista" do lobo - dun modo semellante ó do mal de o llo
nas persoas- forza que se mañifesta no lume dos ollos do animal,
ben ó "bafo", de xeito semellante ó que din da serpente.
(...)
Queda moito que contar sobre
o lobo, que é un dos animais con mais forza no folclore galego.
Teño escoitado moitas historias cando era nena.. aredor da lareira,
xogando o tute, ou atendendo ás historias de lobishomes que algún
veciño lle contaba ao meu avó.
Para compensar horrendas historias,
como a que lle escoitara á miña avóa sobre un lobo
que saíu do seu escondrixo tras uns arbustos, para coller pola cabeza
coas súas fauces a unha nena, e fuxir con ela sin que os seus país
- que estaban segando a herba e a deixaran durmindo nunha mantiña-
puideran facer nada, o meu avó aseguraba que o lobo non é
quen de cruza-la carretera.
Tamén se di que somentes
se alimenta de carne unha cuarta parte do ano (existen moitas versións,
por exemplo: tres meses vive do ar, tres de lama, tres de carne e durante
outros tres folga), e tamén que só pode comer a parte esquerda
das súas vítimas (a que pertence ao demo).
Ten medo do lume, da luz e
da música. Meu avó contaba moito a historia do gaiteiro que
subido a un carballo e, desesperado ante a negativa dos lobos a marcharen
do lugar, sacaba a gaita, i estes fuxían. Esta historia repítese
moito, e non somentes en Galiza: no concello de Ordino (principado de
Andorra) - que os días 7 e 8 de agosto
organizará un festival de gaitas do mundo- o símbolo do pobo
é un "sacaire" (gaiteiro) que no seu día fixo fuxir aos lobos
ao tocar o instrumento. Pode atoparse incluso un monumento no pobo comemorando
o evento.
Anxel
Fole escribiu moitas historias sobre lobos no Caurel (nunha delas intervén
un irmán do meu avó).. mirarei de copiar algunha nesta páxina..
Sinalar
tamén, que o lobo branco é un dos moitos signos da morte
coñecidos: cando alguén vai morrer, un lobo desta cor sobe
a un penedo e ouvea fortemente
A primeira lenda que deixo
eiquí mandouma
un amigo nun e-milio ( ¡graciñas Roi! ) - podedes atopa-lo
no irc co nick de Percival - a historia escoitouna nunha aldea do
Caurel, Teixeira.