OS AVISOS DA MORTE
Un rapax encontróuse coa morte unha vez,
e fixéronse mui amigos. Entonces o rapaz díxolle á
morte que, xa que eran amigos, que lle iba pedir un favor: que se podía
avisar antes de ir por el, que así posía divertirse mellor.
A morte prometéulle ao rapaz que así o faría.
Despedíronse, e pasaron muitos anos sin que
o rapaz recibira ningún aviso da morte. Pero un día presentóuse
a morte diante do rapaz, que aora xa iba indo vello, e díxolle que
viña por el. O home, todo asustado, díxolle que iso non era
o convenido, que quedara de avisalo con tempo, e que éstas non eran
palabras. A morte contestóulle:
-¿Blanqueóuche o pelo?
- Blanqueóu - contestóu o home.
- ¿Caéronche os dentes?
- Caeron.
¿Cansáronseche as pernas?
-Cansaron.
¿Perdiches as forzas?
-Perdín.
- E logo, ¿qué máis avisos
querías?
Lista de contos
O que sexa...