O RAPOSO E O POLO
Unha vez, un raposo colléu un polo e, cando se iba
dispoñer a merendalo, díxolle o polo ao zorro:
-Xeóu.
Ao que lle repuxo o zorro:
-Si xeóu, que xeara.
Pero, ao tempo de decir esto, como, para faguer
tal, abrira a boca, o polo pegóu un voo e fuxíu pra o curuto
dun castiñeiro.
O zorro empezóu a restregar o rabo polo tronco
do castiñeiro dicindo:
-Serra, meu rabo, e comerás o galo.
O galo, que lle oía, dixo:
-Dios me libre da fouce ou do machado
que o rabo do zorro non corta
o castaño.
Lista de contos
O que sexa...