• Anterior: O cura e o sacristán.
  • Seguinte: As bodas no ceo.

    A muller segreda

        Unha vez pasada había un mozo, fillo do señor alcalde, era moi bo mozo, e todalas mozas que falaba coelas as enganaba; e entón un día púxose a pensar e dixo pra il mesmo:

        "Pois todas son por un xeito, xa non vexo muller pra casar coela que eu lle teña confianza".

        Entonces volveuse pensar que había unha na parroquia que era coxa, fea e probe; entón dixo il:

        "Voulle falar segredamente, que esa teño a seguridá que non é como as outras".

        E faloulle e casóu coela, e unha noite, estando na cama, díxolle ela:

        "Ai Manoeliño, quérote moito!"

        E dixo il :
     
        "Porque dis eso muller?"

        Entón dixo ela:

        "Porque tiñas mozas tan boas mozas e ricas e nonas quixeches, pra casares comigo, coxa, fea e probe".

        Entón contestoulle il:

        "Pois eu quíxente porque figúraseme que és unha muller segreda".

        Entón ela contestoulle:

        "Manoeliño, tan segreda coma min non hai outra, pois parín sete veces, e ningueno sabe, soilo o sabes tí que cho digo eu".


    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...