• Anterior: A muller segreda.
  • Seguinte: O cura e o tempo.

    As bodas no ceo

        Ía unha vez unha raposa polo monte e víu voar unha aguia moi outa.

        "Ai" - berroulle - "¿onde vas?"

        "Vou ás bodas ó ceo" - respondeulle a aguia.

        "E logo, hai bodas hoxe? "

        "Hay; e moi boas, por certo".

        "Pois eu quería ir. Como faremos ? "

        "Eu te levaréi".

        Entón a aguia pousouse no chao, a raposa subíuselle ás costas e botaron a voar.

        Ó ir xa moi outos, a aguia fixo un recorte e chimpóu a raposa embaixo. E a raposa, o ver que ía caír por riba dun penedo, púxose a berrar:

     "Fuxe laxe que te esfarelo
     que se saio desta
     non torno ás bodas do ceo"


    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...