• Anterior: O rato do monte e o da casa.
  • Seguinte: As tres perras chicas.

    DEIXA O MUNDO COMO ESTÁ

        Un galego i un andaluz  estaban nunha fonda onde somentes lles puxeron de comer un prato de patacas con carne, estando a carne no lado do galego e as patacas no do andaluz..
        O andaluz comenzóu a falarlle ao galego do momento de rotación do mundo, e, pra esplicarlle mellor, comenzóu a move-lo prato, pois o que quería era deixa-la carne do seu lado, e namentres dicía:
        -¿Lo ves? Así es como gira.
          Pero o galego, entendeu o xogo, e voltando o prato, coa carne para sí berroulle o andaluz:
        -¡Deixa o mundo como está ou féndoche a testa!


     
    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...