• Anterior: As perdices do convite.
  • Seguinte: Deixa o mundo como está.

    O RATO DO MONTE E O DA CASA

        Salíu unha vez un rato da casa nun día de inverno, i encontróu cun rato do monte cheo de frío e mui flaco.
        - ¿E ti cómo estás así - díxolle o da casa - tan flaco? Vente conmigo, que alí onde eu estóu hai sempre que comer sin necesidá de pasar frío nin mollarse pra buscar de comer.
        - ¿I o gato? - preguntóu o do monte.
        - ¡Boh! - respondéulle o da casa. Hai alí un, pero é como si nada. Sempre está dormido. Ti ven, e verás cómo paso por diante del e nin siquera me ve.
        Foron os dous pra a casa, e viron o gato dormido diante da porta. Pasóu o rato por diante del todo confiado, pero o gato abríu un pouco os ollos, deu un brinco, e o rato quedóu entre as uñas i os dentes do gato.
        O rato do monte, que tal veu, deu media volta, e dixo:
        - Vale máis no monte flaco,
           que gordo no cu do gato. 

     
    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...