• Anterior: O abade e a nena da vaca.
  • Seguinte: O andaluz e o galego.

    O home que roubara unha vaca

         Un día foi un home confesarse e díxolle ao abade que roubara unha vaca. O crego díxolle que tiña que devolverlla ao dono inmediatamente, pois senón pecaba mortalmente.

     -Si, ¡pero xa a vendín!

     -Pois se a vendeu, ¡déalle os cartos!

     -¡Os cartos gasteinos todos e non teño mais!

     -Pois mire, se non lle dá os cartos ou a vaca, para o día do Xuízo aparecerán no campo de Xosafat vostedes dous e a vaca andará por alí adiante a saltos cara a vostede e embestindo

     -¡Ai, señor abade! ¿E ha de aparecer a vaca tamén?

     -Si

     -Pois logo, xa está todo amañado: ¡collo a vaca por un corno, doulla ao dono e xa non lle debo nada!


    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...